O LAGO DVSPORT CON TERESA PORTELA
A subcampiona olímpica en Tokio 2020, gañadora de dous Mundiais e sete Europeos, coa presidenta do clube pontés de Fútbol Sala
Na mañá de onte o Lago Sport representado pola súa presidenta, Cristina Maceira Franqueiro, tivo o privilexio de escoitar a Teresa Portela no evento organizado por AREA, “Rede de empresarias autónomas” en conmemoración do Día da muller emprendedora.
Teresa Portela é unha muller de éxito no deporte, emprendedora e unha nai exemplar! A súa historia é unha fonte de inspiración, que demostra que é posible alcanzar grandes metas mentres se é nai.
Falounos sobre a súa extraordinaria traxectoria, a súa dedicación, disciplina e paixón, exemplos perfectos do que se pode lograr cando se persegue un soño.
Conversamos sobre os retos que superou e como logrou equilibrar a súa carreira deportiva coa fermosa responsabilidade de ser nai.
Agradecemos profundamente os ensinos que compartiu, o seu exemplo é unha gran motivación para seguir perseguindo os soños e non renderse nunca.
Nova cortesía Lago DVSport
Nova cortesía Lago DVSport