Amigus
As Pontes

Curso de Técnicas de búsqueda de emprego

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] Esta semana finalizou o curso de técnicas de búsqueda de emprego para persoas con discapacidade, que desenvolveu, na nosa Vila, entre as xornadas de onte e hoxe, o Servicio de Intermediación Laboral da Cogami.


Quince persoas estaban anotadas no curso de técnicas de búsqueda de emprego para persoas con discapacidade da Cogami. Nel proporcionáronse os coñecementos necesarios para afronta-la búsqueda dun emprego e tamén se facilitaron algunhas pautas relacionadas coas técnicas de entrevista e de acción laboral. E é que o obxectivo da Cogami, coa organización deste curso, é acada-la plena integración ó mercado de traballo das persoas con discapacidade.
No que vai de ano, 112 persoas con discapacidade atoparon emprego en Ferrol e nos arredores. Das Pontes, están inscritas na bolsa de traballo do Servicio de Integración e Intermediación Laboral da Cogami, 60 persoas. Delas vinte xa accederon ó mercado laboral, en campos tan dispares como o comercio, os servicios, a hostelería e a industria. O Centro Especial de Emprego de A Xanela é o que máis persoas discapacitadas ocupa, con case unha decena de empregados. Agora a Cogami márcase como obxectivo consegui-lo pleno emprego deste colectivo, e de ahí que na nosa Vila se celebre un curso para axudalos na súa insercción ó mercado laboral.
Servicio de Integración Laboral da Cogami é un centro asociado ó Servicio Galego de Colocación desde 1.997 e financiado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Para calquera outra consulta, os interesados teñen á súa disposición o teléfono 981-32 25 74.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios