Curso Torneado UR do eume
Este curso organizado pola Asociación UR do Eume dentro do seu programa formativo, conta coa colaboración da Asociación de Artesáns do Eume e a Asociación Euroeume.
Un dos eixos principais de actuación da Asociación UR do Eume está na recuperación e posta en valor de saberes tradicionais que a modernidade está destruindo. Saberes que desaparecendo do rural, da súa produción e xestión de recursos naturais e sociais; están desaparecendo tamén da nosa cultura
Esta será a terceira edición do curso de torneado de madeira, impartido por Xavier Martín, no Obradoiro Taxus en Vilarmaior (A Coruña). A duración do curso será de 40 h, estas horas repartiranse en cinco xornadas a celebrar os días 6,13, 20 e 27 de xuño para rematar o día 4 de xullo de 2009.
A primeira parte do curso partirá das nocións esenciáis sobre as materias primas que se utilizan, as ferramentas básicas e o seu afiado e no coñecemento do torno. A segunda parte do curso orientarase á aprendizaxe de diversas técnicas de torneado, partindo dos pásos básicos, ata os máis avanzado (proceso típico nos balaustres, pata de cadeiras, móbeis,bolillos. Cuncas, vasixas, etc, etc). A última parte do curso céntrase no tema dos acabados das pezas ( lixados, texturados, policromados, encerados, etc, así como productos e técnicas a empregar para un bon remate final das pezas e para o seu mantemento posterior).
O prezo do curso de iniciación ao torneado de madeira, para un grupo máximo de ata 5 alumnos, é de 345 euros por persoa.
Para inscribirse neste curso, débese enviar a folla de inscripción adxunta a calquera dos enderezos electrónicos indicados, ou ben a través do teléfono, chamando ao 981 440668 ou ao 981 440729. O pago da matrícula farase unha vez pechado o curso previa comunicación da secretaría da Asociación.
uniruraldoeume@gmail.com
info@euroeume.org
A Asociación UR do Eume é unha asociación sen ánimo de lucro que entre os seus fins está ser punto de encontró e coordinación entre grupos e persoas que traballan e están preocupadas polo medio rural e a súa problemática. A través de accións formativas, de sensibilización e información quere preservar o patrimonio natural, cultural e histórico para as xeracións futuras: defender a calidade ambiental, a pervivencia dos ecosistemas e a súa biodiversidade. Revalorizar os diferentes elementos do patrimonio natural, cultural e histórico como recurso educativo.