Daniel Carballeira, convocado coa Selección Galega de fútbol sub-18 pra un adestramento

O pontés Daniel Carballeira Doce, que milita actualmente no C.D. As Pontes, foi convocado polo seleccionador pra un adestramento da Selección Galega de fútbol sub-18 que se levará a cabo o vindeiro mércores, día 7, no campo de herba artificial da Torre (A Coruña).


O adestramento será a partir das 16:00h. O listado de xogadores citados é o seguinte:
R.C. DEPORTIVO S.A.D: Diego Penas Vázquez, Diego Vieites Salgado e Carlos Monje Serrano.
R.C. CELTA S.A.D: Mario Barreiro Fernández, Pedro García Iglesias, Pablo Lede Caldas e Enrique F. Saraiba.
PONTEVEDRA C.F: Adolfo Fernández Sánchez, Jesús Martínez Torres e Jorge Veloso.
C.D. AS PONTES: Daniel Carballeira Doce.
MONTAÑEROS B.G: Guillermo Ríos Candal e Manuel Romay.
C.D. CONXO: Javier Trastoy, Mateo Bastos e Javier Bendaña.
R.C FERROL: Diego Martínez Rodríguez.
C.D. AREOSA: Jorge Ozores.
PABELLÓN OURENSE: Jaime Vázquez, Pablo Pérez Díaz e Germán Pérez Sotelo.
SARDOMA C.F: Alberto Villar.
A.C.D. A SECA: J. Carlos Reyes Gómez.
C.D. LUGO: Rubén Álvarez.
RÁPIDO DE BOUZAS: Martín Barrero.
C.D. OURENSE S.A.D: Antonio Nespereira Lage.
No listado, coma vedes, non aparece o pontés David Rochela (recente subcampión do mundo coa selección española de fútbol sub-17 e anteriormente campión de Europa). Suponse que é pra darlle descanso.
Por outra banda, onte celebrouse na sede da Federación Española de fútbol o sorteo público correspondente á primeira e á segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas sub-18 e sub-14, quedando encadrada Galicia no mesmo grupo que Navarra e Castela a Mancha. A sede da primeira fase será Castela a Mancha e celebrase do 27 ó 29 de Decembro de 2007. A segunda fase terá lugar do 14 ó 16 de Marzal de 2008.
Info facilitada por Xosé Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios