David Rochela na Final do Marca

Apenas un día depois de conseguir o Balón de Plata do Fútbol Draft, o futbolista pontés David Rochela é un dos 33 finalistas dos Premios Marca (3 en cada posto do campo) e optará a ocupar a primeira posición no posto de Defensa Central Dereito e así formar parte do 11 máis votado do Marca para ser premiado o día 1 de Xuño na Gala de Premios Marca-Fútbol Draft, acto que se levará a cabo no estadio Santiago Bernabeu.
Para poder votar por David Rochela hai que entrar en http://archivo.marca.com/futboldraft09/index.html (Votar). Pódese votar unha vez ó día e non leva máis dun minuto. Para ver os resultados hai que ir ó enlace mencionado anteriormente, clickear en Ranking e pinchar en Defensa Central Dereito.


Entre os finalistas hai futbolistas moi coñecidos como Sergio Asenjo, César Azpilicueta, Roberto Canella, Sergi Busquets, Dani Parejo, Fran Mérida, Diego Capel, Dani Aquino, Juan Mata ou Bojan Krkic, ou tamén os galegos, os vigueses Diego Mariño e Iago Falqué, ou o coruñés Pedro Mosquera. Os rivais de Rochela nesta Fase Final serán o xogador do Valencia cedido no Murcia Manuel Castellano Castro “Lillo”, e o xogador do Atlético de Madrid B César Ortiz Puenteneuva, ambos xogadores son de 1989, foron internacionais españois sub17, sub19 e sub20, e ambos gañaron a medalla de bronce con España no Europeo sub17 Luxemburgo 2006.
Fases do Marca
1ª Fase Marca (16 enero-5 marzo). Rochela 20%, Raúl Goñi 11%, Manuel Castellano 11%, Sergio Rodríguez 10%, Pedro Alcalá 10%, Guillem Savall 9%, César Ortiz 9% … Eliminados … Jonás Ramallo 8%, David Portuondo 8%, Óskar Zapata 2%, Abel Cid 1%, Cristián Marquez 0% …
2ª Fase Marca (6 marzo-16 abril). Rochela 33%, Raúl Goñi 16%, César Ortiz 16%, Lillo 12%, Sergio Rodríguez 11% … Eliminados … Pedro Alcalá 9%, Guillem Savall 4%
3ª Fase Marca (17 abril-5 maio). Rochela 44%, Lillo 18%, César Ortiz 14% … Eliminados … Raúl Goñi 14%, Sergio Rodríguez 10%.
4º Fase Marca. Gran Final (8-31 Maio).
33 Finalistas Marca
Porteiro
Sergio Asenjo (Valladolid 1989)
Diego Mariño (Villarreal 1990)
Angel de la Calzada (Betis 1994)
Lateral Dereito
Víctor Díaz (Sevilla 1988)
César Azpilicueta (Osasuna 1989)
Moisés Jiménez (Sevilla 1990)
Lateral Esquerdo
Roberto Canella (Sporting 1988)
Javi Cantero (Espanyol 1988)
Jose Angel Valdes (Sporting 1989)
Central Dereito
David Rochela (Deportivo 1990)
Manuel “Lillo” (Murcia 1989)
César Ortiz (Atlético 1989)
Central Esquerdo
Bernardo Espinosa (Sevilla 1989)
Mikel San José (Liverpool 1989)
Jon Gaztañaga (Real Sociedad 1991)
Medio Centro Dereito
Sergi Busquets (Barcelona 1988)
Ángel Montoro (Murcia 1988)
Dani Parejo (Real Madrid 1989)
Medio Centro Esquerdo
Ximo Forner (Valencia 1990)
Pedro Mosquera (Real Madrid 1988)
Fran Mérida (Arsenal 1990)
Interior Dereito
Joan Ángel Román (Espanyol 1993)
Pedro González (Las Palmas 1994)
Manuel “Cifo” (Valencia 1992)
Interior Esquerdo
Diego Capel (Sevilla 1988)
Dani Aquino (Murcia 1990)
Dani Pacheco (Liverpool 1991)
Media Punta
Juan Mata (Valencia 1988)
Iago Falqué (Juventus 1990)
Sergio Canales (RSantander 1991)
Dianteiro Centro
Rubén Rochina (Barcelona 1991)
Bojan Krkic (Barcelona 1990)
Alberto Bueno (Real Madrid 1988)
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios