David Varela faise co primeiro premio do certame de relatos curtos do xornal Pegadas

O pasado venres celebrouse o acto de entrega dos premios do 1º concurso de relatos Pegadas.
[aspontes.com] O evento tivo lugar na Biblioteca Municipal, onde se congregaron medio cento de asistentes para acompañar a uns premiados que elaboraran os traballos gañadores, pero tamén para facerse cos seus agasallos no sorteo que se celebrou posteriormente.


O primeiro premio, patrocinado por Endesa, un mini-ordenador portatil, entregouse ó escollido como o mellor relato de entre un total de 107 participantes. O gañador foi David Varela, de San Ramón de Moeche.
O segundo premio, para o mellor relato de Secundaria, tiña o patrocinio de Playlife, e consistíu nunha cámara dixital, que recaeu en Lucía Calvo, do Castro da Uz, de As Pontes. O terceiro premio, para o mellor relato de Primaria, foi para Natalia Pena,da Capela, onde estudia no colexio mosteiro de caaveiro. Para ela foi un MP4 doado por Severiano Agrocomercial.
Ademais, no decurso deste acto entregáronse outros agasallos (memorias USB, auriculares, lotes de libros, material escolar,…) que foron sorteados entre todos os participantes e que doaron os patrocinadores do concurso, e que estiveron moi repartidos entre tódolos centros participantes.
Esta primeira edición do concurso literario convocado por este periódico comarcal contou tamén coa poio do concello, que stivo representado pola concelleira de participación cidadá Montserrat García, que felicitou o nacemento desta iniciativa.
Ademais falaron tamén a directora deste periódico, Ana Belén Palén, e o xerente de Euroeume, Miguel Teijido, que agradeceron a alata participación, que consideraron un incentivo para retomar a convocatoria o vindeiro ano.

También podría gustarte
Comentarios