Amigus
As Pontes

A Deputación achega “El Final del Camino” aos concellos da provincia

A institución provincial organiza en 14 municipios coruñeses un ciclo de charlas-proxección sobre o audiovisual galego e o proceso de elaboración desta serie de televisión.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O evento celebrarase en As Pontes o vindeiro venres, 22 de setembro, na Casa Dopeso ás 20.00h

O evento contará con distintos profesionais que participaron na serie, e que serán os encargados de explicar o proceso de creación, desde os guións e os vestiarios ata as técnicas de produción, dirección, iluminación, decoración ou post-produción. “El Final del Camino” foi integramente rodada en Galicia, recreando tanto a cidade de Santiago de Compostela coma outras urbes españolas e marroquís a través de diferentes escenarios, decorados naturais e efectos visuais. En total, utilizáronse 20 localizacións diferentes, que contribuíron a difundir a riqueza paisaxística galega entre os máis de 1,3 millóns de espectadores cos que contou cada capítulo da serie.

Nova cortesía Concellería de Cultura

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios