Despois dun día de party

Aínda seguimos aquí ;-). Despois de moitos problemas aínda seguimos a disfrutar da amigus party nadal-2003. Empezamos con problemas coa conexión co punto de acceso de nando. Non conseguiamos face-lo enlace, e cando o faciamos, non atopabamo-la maneira de pasar un cable ata o local. Cando ó final o fixemos (16:00) seguimos con problemas de routeo ….. e así ata que ó final coa cantidade de choiva que caía, decidimos desmontar todo :((


Outro problema, que non menos grave, foi o da corrente….. empezamos con apagóns cando se conectaban varios PCs. Chamamos a un eléctrico e comentounos que era un problema de potencia ¿?¿?¿? Máis tarde apareceu un eléctrico do concello e empezou a poñer e quitar cables … e así ata as 13:30 en que decidiu deshabilita-los diferenciais. Así que agora estamos sen diferenciais …
Pero despois de todo isto, xa está todo solucionado, xa temos a party votada a andar e todo vento en popa e a toda vela 🙂

También podría gustarte
Comentarios