Hoxe mércores viviranse as semifinais do concurso Operación Triunfo 2018. Xa están na final Natalia e Famous dende a semana pasada, e durante a Gala o xurado elixirá un terceiro finalista, probablemente Alba.
As outras dúas prazas quedarán con moita probablidade entre Miki, Julia ou Sabela. Esta semana só se vai poder votar para salvar durante a Gala que se celebrará hoxe á noite, polo que se prega a todos os ponteses afeccionados ó programa que estén pendentes do mesmo.
Poderase votar pola app (actualizandoa), e tamén a través dos sms ou chamadas de teléfono aos números que irán aparecendo durante o programa.
Na Gala de hoxe, que comezará ás 22:35 en TV1, e finalizará sobre as 01:15, Sabela cantará en solitario “Negro Caravel”, poema de Rosalía de Castro musicado por Rosa Cedrón e Cristina Pato, e nun trío con Famous e Miki cantarán a canción “Calypso”, de Luis Fonsi.