Os futbolistas do CD As Pontes Francisco Fernández Pernas e Carlos López Vilasánchez foron convocados para uns adestramentos da Selección Galega Uefa.
A pesar do último posto do equipo na clasificación, ambos xogadores están a realizar unha gran campaña, o dianteiro aresán Carlos é o segundo máximo goleador da categoría con 8 tantos, so un por debaixo de Íker Hurtado, e o porteiro ferrolán Paco, cando menos nos encontros do Poboado evitou males maiores con soberbias actuacións.
Ambos seguen o camiño doutros ex xogadores azuis coma Jordi, Chicho, Cañizares ou Edi, entre outros. Os convocados son os seguintes:
Ourense CF: Juanma, Adri Castro, Martín Lamelas
Bergantiños CF: Aarón, Iago López, Diego
SD Compostela: Brais Abelenda, Samu
Arousa SC: Jorge Sáez, Rober
Alondras CF: Jesús Varela, Abel
CD Choco: Vitra, Mario
CD As Pontes: Paco, Carlos
UD Somozas: Diego Uzal
CD Arenteiro: Rui
UD Ourense: Marquitos
CD Barco: Omar
UD Paiosaco: Pablo
CSD Arzúa: Íker Hurtado
Nova cortesía de Xose Ferreiro