Amigus
As Pontes

Dous edís do executivo de As Pontes destinarán o seu salario de onte a fins sociais

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVEume] O edil de Servizos Sociais, José Alén, e o de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, decidiron destinara a súa percepción de onte a unha entidade local As Pontes.
Os dous concelleiros do grupo de goberno pontés con salario pola súa dedicación exclusiva decidiron doar a parte proporcional do seu soldo, correspondente a xornada de onte, a unha entidade benefica local. Tanto o edil de Servizos Sociais, Jose Alen, coma o de Xestión Orzamentaria, Antonio Alonso, secundaron a xornada de folga xeral celebrada onte. Nembargantes a lexislación actual non fixa detraemento ningun dos seus salarios para os políticos que exerzan un cargo público. A vista desta circunstancia, os dous edís socialistas decidiron renunciar a ese privilexio, e entregaran a parte correspondente dos seus salarios a unha entidade do ambito social da vila. Á volta da Semana Santa farase a entrega destes cartos á organización que decidan nestes días.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios