E como resultado final, Bronce para o Clube Sílex

Na tarde do sábado desputouse a fase final da Liga Galega de Equipos no pavillón municipal das Pontes. Unha fase na que todo se decidiría en eliminatorias directas dende cuartos de final para proclamar os campións.
O Clube Sílex comezaba a tarde con cinco dos seis compoñentes preparados para actuar cando fora necesario: Cristina Castro, Daniel Castro, Miguel Alvariño, Javier Vázquez e Carlos Romero.
Como primeiros do grupo 1 enfrontábase ao cuarto clasificado do grupo 2, o equipo de Arc-Teixo.
Javi, Miguel e Carlos non tiveron unha eliminatoria doada, xa que venceron por unha mínima marxe acadando así pasar a semifináis onde se atoparon co que fora segundo no seu grupo, Arco Ferrol.
Nesta eliminatoria fixeron un troco e entrou Daniel no lugar de Javier, aquí sucedéronse varios erros no equipo do Sílex que foron complicando a posibilidade de gañar e asegurar un posto no podio final. E así foi, os de Ferrol mantiveron o tipo e gañaron a semifinal obrigando aos locáis a ter que pelexar polo bronce fronte aos Arqueiros da Chaira (Vilalba).
silex2.jpg
Na final polo bronce, volveron ao nivel amosado na fase de clasificación e non deron opción aos chairegos marcando 224 puntos sobre 240. O cal quitou un pouco do malestar por non poder estar a desputar a final polo ouro.
Así a todo na final, na que estaban Arco Ferrol e Lucus Augusti (Lugo), os departamentáis conseguiron vencer aos da muralla. Quedando o podio da Liga da seguinte maneira: Campións e medalla de ouro – Arco Ferrol, Subcampións e medalla de prata – Lucus Augusti, Terceiro clasificado e medalla de bronce – Clube Sílex.
silex1.jpg


Dende o Sílex queremos agradecer ao Concello das Pontes o compromiso para que puidéramos dispor das instalacións para celebrar esta competición, e tamén a tódolos participantes que se deron cita nestas tres xornadas de tiro con arco na nosa vila. Sen esquecer o apoio de Tomymobile e Galiarco que como patrocinadores do Sílex fan un pouco máis doado que sigamos podendo estar a un bo nivel en competición e que as novas xeracións de arqueiras e arqueiros das Pontes amosen aló onde van o bo traballo que se fai dentro do Clube. E queremos ter unha mención para os compañeiros e amigos que estiveron na grada animando aos nosos durante toda a tarde.
Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios