RESULTADOS DO CD AS PONTES FIN DE SEMANA 17-18 NOVEMBRO

Triste derrota do equipo de Terceira División que comezou gañando en Pasarón, logo os pontevedreses puxeronse 3-1, conseguiu recurtar distancias o cadro de Manolo García, 3-2, e xa nas postrimerías chegou o 4-2 do Pontevedra. A semana que ven visita ó Poboado o Celta B.
O Xuvenil de Liga Galega perdeu 2-0 en Caranza. Son sextos con 18 puntos,e a semana que ven reciben ó Conxo B, noveno con 14 puntos.
O equipo cadete venceu 5 a 1 ó san Sadurniño, e continúa segundo con con 24 puntos, a 2 de O Val, que lidera a táboa con 26. A derrota do Meirás en Pontedeume, 3-2, deixa a valexos e ponteses como únicos candidatos á acceder á final, e precisamente O Val visita o vindeiro sábado a un Meirás que xa non se xoga nada, e valelle con sumar un punto, mentres ó As Pontes xoga en Ferrol co Ánimas. No outro grupo xa está clasificado para a final o Galicia de Caranza, que suma pleno de victorias.
cadete_0001.jpg


cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
Contundente victoria do equipo Infantil que goleou en exceso ó Galicia de Mugardos, 0-21, un resultado pouco edificante, e menos en estas categorías. Entre outras cousas, o cuestionable formato de Copa con 12 equipos dos que so clasifica un para a final, e a gran maioría de equipos quedan eliminados e sen alicientes ás primeiras de cambio, e o empate a puntos entre Racing de Ferrol e As Pontes, propicia este tipo de goleadas tan escandalosas. Asi, a falta de unha xornada, ambos equipos suman 28 puntos, con +75 para os azuis e +64 para os verdes. Na última xornada o As Pontes recibe á Cultural Maniños mentres que o Racing de Ferrol visita ó Rápido de Neda. No outro grupo xa está clasificado para a final o Portuarios, con pleno de vitorias.
Dobre victoria na categoría alevín, o Alevín A gañou 0-9 a O Val B, tantos de Mateo (3), Javi (2), Alejandro, Antón, Jorge, e un en propia meta. O Alevín B gañou 4-0 ó Xuventude de Cabanas, tantos de Vicente (2), Nono e Xoel Pena. O A é cuarto con 20 puntos e recibe ó racing de Ferrol, segundo con 22 puntos. O B é undécimo con seis puntos e e visita ó Cariño que marcha terceiro con 22 puntos.
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
alevin_0001.jpg
Tamén dobre victoria dos prebenxamíns, o A gañou 4-1 ó Portuarios, tantos de Alex Montero (2), Anxo Rey e Iago, mentres o B goleou 0-12 ó Caranza C, hat trick de Anxo, David, Antón, dous de Xandro e un de Xalo. O A é terceiro con 18 puntos e xa garantiu a falta dunha xornada a súa presenza no Grupo A da seguinte fase. Despide a liguiña visitando ó San Sadurniño. Mentres o B é quinto con 12 puntos e garante o seu acceso ó Grupo B na segunda fase con 12 puntos. A semana que ven descansan.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios