Amigus
As Pontes

Encontros de Torneiros de Galicia

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os Encontros de Torneiros de Galicia, iniciativa única na península, que por cuarto ano consecutivo se celebra no Concello de Xermade. Preténdese recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia e dar a coñecer o potencial artístico e creativo que o coñecemento das técnicas do torneado ofrecen.

torneiros.jpg


O interese por parte de profesionais e afecioados medra co tempo como o demostra o crecente número de participantes e a sua procedencia, o mesmo que por parte dos visitantes, de persoas que como vostede, se achega a ista iniciativa. Duns e doutros depende que non se perdan as técnicas que descubrirón e perfeccionaron, o longo de moitos anos, os nosos maiores.
Dende a organización desexamos que vostede poida coñer de perto un dos oficios artesanais en perigo de extinción, pero que o mesmo tempo ofrece unhas perspectivas esperanzadoras de cara o futuro.
Por iso lle agracemos de corazón que nos axude ninste esforzo que e de todos/as.
Tornear consiste en dar forma a un anaco de madeira que xira suxeito a unha máquina, modelando cunha variedade moi ampla de ferramentas de corte que manexa manualmente o torneiro/a.
Tradicionalmente as pezas resultantes deste traballo eran funcionais de uso cotian e doméstico (platos, ciembreiras, forma do queixo, nateiras, xarras, cuncas para a masa do pan, tazas do viño, mangos de ferramentas… ) ou que formaban parte de mobles e carpinteria de construcción (balaustres, columnas, patas de sillas….). Oxe, e como en tantas outras cousas, a rebufo das tendencias, desenroladas fundamentalmente no resto de Europa e America, mandan os aspectos creativos, decorativos e estéticos…e decir, peza única mais que copia manual.
Esta e unha exposición aberta onde vostede pode atopar mostras de trablllos tradicionais e contemporáneos que lle permitiran facerse unha idea do pasado e o presente do torneado, ademáis dunha mostra de máquinas, rudimentarias pero eficaces, que serviron para que os nosos ancestros puideran traballar a madeira.
GALERÍA DE RELATORES
Manuel Castro Romero naceu en As Pontes no ano 1948. Di de si mesmo que de pequeno durmía entre as labras namentres o pai torneaba. Procede, entón, dunha familia de tradición no oficio, e onde os segredos da profesión se transmitían como unha herdanza do máis valiosa. Pero non se limita a facer obxectos de uso tradicional en Galicia, senón que tamén se constrúe as propias llergas (ferramentas as que lles saca un partido verdadeiramente incrible). Foi invitado a participar como poñente nas “Xornadas mundiais do torneado artístico” celebradas en Francia. Del podemos destacar a súa humilde habilidade de facer, no torno, posible o improbable: tornear de oído e case que cos ollos fechados
Alain Mailand naceu no ano 1959, aínda que para o mundo do torno veu a luz nun curso que fixo con Philippe Bourgeat. Adícase, dende o ano 1993, a exercer mestría a tempo completo como torneiro-escultor, especializándose no traballo con técnicas de “creusage” e madeiras verdes. A súa producción impresiona como algúns dos espectáculos naturais máis fermosos da natureza, son coma un xardín mariño en pequeno, coma un solpor dende as alturas da imaxinación e da alma diste francés simpático, aberto e meditativo.
Laurent GUILLOT naceu no ano 1971. Músico profesional dende 1991 descubre no ano 1995 o torneado da madeira, deprendendo con diferentes maestros ate o 1998 dende o que se adica profesionalmente a iste oficio. O seu traballo e suliñabel pola sua diversidade, a sua curiosidade e interese manteno en continuo movemento e tanto fai esculturas como ovalados, collage…
José Ortiz e Friedrich Bramsteidl son exemplo da vocación por unha profesión moi relacionada co mundo da madeira: son ferreiros dos de antes, de lume, aceiros e templados. Visitannos nista ocasión para transmitir os participantes diferentes e sinxelas técnicas para, con medios limitados, procurarnos unhas ferramentas eficaces e personalizadas.
Xosé Abad e un fotógrafo de recoñecido prestixio na publicidade o que engade unha gran capacidade didáctica. Con experiencía en cursos de fotografía apricados a artesania e o profesional axeitado para facilitar os coñecenmentos básicos con que poder facer unhas fotografías cun mínimo de medios e cunha calidade aceptabel .
EXPOSICION DE PEZAS:

Días 16, 17, 18 e 19 de setembro de 2004
Horario de 4 a 8 da tarde.
Biblioteca Pública Municipal.
XERMADE

ACTIVIDADES PARA OS INSCRITOS:
Días 16, 17, 18 e 19 de setembro de 2004
Horario de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:00.
Aldea Artesán de A Fraga, Cazás. 982 188 322
XERMADE

DEMOSTRACIÓNS, VENDA DE PEZAS, MAQUINARIA E PUBLICACIÓNS
PARA O PÚBLICO:

Día 19 de setembro de 2004
Horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 17:30
Aldea Artesán de A Fraga, Cazás – 982 188 322

ORGANIZA: Asociación Galega de Artesáns – 981 293 688
COORDINA: Aldea Artesán de A Fraga- 982 188 322- www.afraga.com
PATROCINA: Centro Galego da Artesanía e o Deseño, Concello de Xermade
Mais información en http://www.encontrodetorneiros.com/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios