ENRIQUE FORNOS COA SELECCIÓN GALEGA EN VIGO

O futbolista de As Pontes Enrique Fornos Domínguez xogou onte en Vigo un encontro de preparación de cara ó Campionato de España Sub16.
Enrique estivo moi ben no centro da zaga, capitán, mandando, organizando. Tamén xogou o futbolista de Fene, compañeiro de Enrique no Deportivo, o mediapunta Alberto Leira. Ambos foron dous dos catro futbolistas da selección que xogaron todo o encontro.
A selección galega cadete sub16 enfrontabase neste encontro xogado no campo de A Xunqueira, en San Andrés de Comesaña, ante o CD Areosa, terceiro clasificado da Liga Nacional Xuvenil con 22 puntos, agora mesmo en postos de ascenso a División de Honra, pois ascenden dous equipos e por riba del so están Porriño (23) e Celta B (22) que non pode ascender. Aínda asi o Areosa era o líder ata que perdeu 4-3 ante o CD Lérez esta fin de semana.
Durante os primeiros 40 minutos os vigueses xogaron cos seus titulares, á vez, os máis veteráns do equipo, e Galicia aguantou como puido. Enrique estivo xenial e salvo un un gol que xa se colaba, arrastrandose e despexando sobre a mesma liña, no minuto 32´.
enrique_1.jpg


No segungo tempo o equipo vigués sacou ós suplentes, á vez, os máis novos do equipo, e Galicia sacudiuse a presión, o encontro volveuse máis igualado, incluso nos derradeiros minutos a selección branquiazul tivo as mellores ocasións, un cabezazo de Enrique, dous disparos de Alberto Leira, e a máis clara, un remate do extremo esquerdo sobre o final, que tirou cruzado e o esférico marchouse por pouco.
O marcador non se moveu e Galicia sacou un valioso empate a 0-0, a uns 40 días de iniciar a competición no Campionato de España, que terá como sede da primeira fase Monforte de Lemos, onde se enfrontarán Galicia, Aragón e Castela A Mancha.
Á mesma hora, ás 17:00, a selección galega xuvenil sub18 xogou no Baltasar Pujales de Bouzas un encontro de preparación ante o Rápido, noveno clasificado na Terceira División, a 3 puntos do As Pontes.
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
enrique_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios