Amigus
As Pontes

A AVENIDA DA CORUÑA ÁBRESE Á CIRCULACIÓN RODADA

[RTVEume] Dende onte os veciños de As Pontes xa poden circular pola Avda de A Coruña logo da súa apertura ó tráfico. A actuación nesta rúa, que pasa a ser de preferencia peonal, non vai ser óbice para recuperar a circulación por unha arteria tan importante do mesmo centro do casco urbán. A tenente de Alcalde, Montserrat García, confimaba esta apertura que se fai atendendo á demanda dos comerciantes da zona. Así se pecha esta fase do proceso de remodelación do centro de As Pontes que segue a levar a cabo o goberno local e ás que se suman as obras que se están a executar actualmente na avenida de Ferrol. As obras de remodelación na Avenida de A Coruña plásmanse fundamentalmente no novo firme, adoquinado, anque supuxo realmente, darlle unha nova cara á rúa, coa renovación do mobiliario urbano con novos bancos, papeleiras e farolas. Co novo deseño a calzada pasa a ser de sentido único, e a beirarrúa ensanchouse en tres metros, malia o que se manterá a oferta de aparcadoiros. Anque xa se poda circular por esta calzada, dende o concello resérvanse a opción de pechala puntualmente ó tráfico rodado para eventos puntuais, sobre todo en verán. Tampouco quedou só á cuestión estética e a funcionalidade traducíuse tamén na renovación dos obsoletos servizos básicos en toda a zona, canto a canalizacións de auga e sumidorios ou subministro de enerxía eléctrica. A intención práctica desta actuación é a de dar prioridade ós peóns e, en consecuencia, favorecer a actividade comercial .

También podría gustarte
Comentarios