Amigus
As Pontes

ENRIQUE FORNOS XOGARÁ EN CANTABRIA

enrique_0010.jpgHai uns días coñecíamos que o futbolista pontés Enrique Fornos foi incluido na convocatoria pra a primeira fase do Campionato de España de seleccións que a selección galega levará a cabo en Cantabria, na localidade de Bezana, da comarca de Santander, e na que xogarán a selección local, Galicia e Melilla, tanto en sub16 coma sub18.
As seleccións enfrontaranse o venres ó combinado local de Cantabria, e o sábado á selección de Melilla. Os cadetes faranno ás 10:00 horas e os xuvenís ás 12:30 horas.
Poderá contar a selección xuvenil con Bicho na dianteira, o porteiro Iván Villar, e asemade tamén vai o xogador de Cabanas Álvaro Rey.


A convocatoria completa sub18 é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Diego Alende, Brais Méndez, Fede Nicolás, Iván Villar
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Ángel Fernández, Javier Fernández “Bicho”, Hugo Díaz
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
Pabellón Ourense: Saúl González, Martín Torres
Racing Club de Ferrol: Álvaro Rey
Pontevedra CF: Alejandro Sánchez
Rápido de Bouzas: Federico Mintegui
CD Areosa: Raúl Espinosa
Porriño Industrial CF: Maykel Barbosa
CD Lérez: Iago Martínez
Na selección sub 16, dos tres internacionais celestes acuden Matín e Alex Rey, quedando fora Juanma. Van o ferrolán Aarón Rey e o vilalbés Víctor Eimil. A convocatoria é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Martín Fuentes, Alex Ubeira, Alex Rey, Pablo Salgueiro, Samuel Martínez
RC Deportivo de A Coruña: Juan Brandariz, Aarón Sánchez, Rodrigo Parafita, Adrián Castro
CD Lugo: Sergio Rey
Sárdoma CF: Diego Pérez
CD Areosa: Antón Alonso
Ponte Ourense CF: Alberto Novoa
ED Val Miñor: David Jiménez
Galicia de Caranza CF: Aarón Rey
RC Vilalbés: Víctor Eimil
CD Moaña: Xoel Del Río
SD Chantada: Pedro Delgado
Os grupos están distribuidos da seguinte maneira:
Grupo A: Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Extremadura, Ceuta
Grupo B: Cantabria, Melilla, Galicia
Grupo C: Navarra, Cataluña, A Rioxa
Grupo D: Castela A Mancha, País Vasco, Murcia
Grupo E: Aragón, Castela León, Asturias
Grupo F: Madrid, Andalucía, Canarias
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios