ENRIQUE FORNOS DOMÍNGUEZ, NON HAI QUINTO MALO

No día de hoxe recibimos unha gran nova, que será sen dúbida unha das grandes alegrías do 2014.
O futbolista pontés Enrique Fornos ven de ser convocado pola seleccionador español sub17 Santi Denia para uns adestramentos que se levarán a cabo a vindeira semana en Las Rozas, do día 17 ó 19, e para os que foron chamados 24 rapaces.
España superou a primeira fase de clasificación, tras vencer a Moldavia (3-0), Chipre (1-0) e Noruega (2-0), e na segunda fase, a finais de marzo, terá que desprazarse a terras rusas para xogar co equipo locatario e campión deste torneo en 2013, anque con outra xeneración, Rusia, e tamén con Suiza, gañador en 2002, e Gales. So o campión xogará a fase final en Malta no mes de Maio. España foi campión deste torneo en 1986, 1988, 1991, 1997, 1999, 2001, 2007 e 2008, polo que suma 8 títulos, tres máis que Portugal.
Enrique comezou a tempada no equipo filial de Terceira División e incluso chegou a debutar no primeiro equipo nunha eliminatoria copeira contra o Córdona, na que incluso marcou un gol na quenda de penaltis, pero dende que a situación do clube deportivista se asentou un pouco coa chegada de Tino Fernández e tanto o primeiro plantel coma o segundo se reforzaron pasou ó Xuvenil de División de Honra, que é o que lle corresponde por idade, non en van o ano pasado aínda era cadete.
ponteses_1.jpg


Convírtese Enrique no quinto futbolista de As Pontes en ser convocado pola selección española, Xoel González foi convocado en 1997 por España sub15, Adrián López en 2002 por España sub15 e en 2007 por España sub21 para o partido xogado en Ponferrada, España 3 – Polonia 0. Dani Carballeira for convocado por España sub15 en 2005.
Mención aparte merece David Rochela, que ademáis de ser Campión de Europa sub17 e Subcampión do Mundo sub17 xogou dous partidos con España sub15, once encontros con España sub16, dezaoito partidos con España sub17 e trece con España sub19, sumando un total de 44 partidos internacionais.
Na convocatoria tamén foron chamados o medio centro olívico Hugo Pintos e o extremo-dianteiro zurdo celeste Brais Méndez, que xunto a Enrique compartirán sdestramentos cos seguintes xogadores:
FC BARCELONA: Juan Manuel García Rey, Ferran Sarsanedas Soler, Alejandro Carbonell Valles
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD: Pol Lirola Kosok, Aaron Martín Caricol, Alejandro López Moreno
VILLARREAL CF SAD: Aleix García Serrano, Madger Antonio Gomes Aju, Adrián Marín Gómez
REAL CLUB CELTA DE VIGO SAD: Brais Méndez Portela, Hugo Pintos Costas
LIVERPOOL FC: Pedro Chirivella Burgos, Sergi Canós Tenés
CLUB ATLETICO DE MADRID SAD: Carlos Marín Tomás, Diego Altamirano Carbonell
CLUB ATLÉTICO OSASUNA: José Manuel García Maurín, Enrique Barja Alfonso
REAL SPORTING DE GIJÓN SAD: Jorge Mere Pérez
ATHLETIC CLUB DE BILBAO: Asier Villalibre Molina
ARSENAL FC: Julio Pleguezuelo Selva
MANCHESTER CITY FC: Pablo Maffeo Becerra
SEVILLA FC SAD: Juan Soriano Oropesa
VALENCIA CF SAD: Antonio Martínez López
RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA SAD: Enrique Fornos Domínguez
ponteses_2.jpg
ponteses_3.JPG
ponteses_4.jpg
ponteses_5.JPG
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios