Como xa acontecera con Adrián López Piscu e agardemos que nun futuro aconteza co internacional español sub19 David Rochela, hoxe martes e o vindeiro 10 de Novembro un futbolista de As Pontes enfrontarase ó multimillonario Real Madrid. Mantiven unha conversa con Diego Bermúdez e estas son as súas impresións antes de enfrontarse ó todopoderoso Real Madrid.
Ola Diego, ¿que tal?, ¿que recordos tes do teu paso polas categorías inferiores do Endesa de As Pontes?
Ola, pois no Endesa As Pontes estiven dende os alevíns ata xuvenís, e non foi so onde empecei con isto do fútbol, senón que tamén me axudaron a ter unha disciplina e unha educación, teño grabadas na miña memoria moitas frases míticas de adestradores coma Roca, Vilaboy ou Calpita, que me foron moi útiles non so para o fútbol, senón para a vida en xeral.
¿Cómo te defines como futbolista?
Coma futbolista considerome un lateral ofensivo. Gustame moito subir ó ataque e considero que teño unha boa condición física.
Eres un trotamundos do fútbol, ademáis do As Pontes estiveches en Arteixo, Compostela, Osasuna, Móstoles, Leganés, Alcorcón
Fainos un breve resumo da túa traxectoria deportiva. ¿Cal foi o equipo que máis che marcou? ¿Estás moi a gusto en Madrid ou sintes algo de morriña?
Creo que madurei un pouco tarde no fútbol, e os anos nos que disfrutei máis foron estes últimos. O equipo que máis me marcou foi o Osasuna, xa que foi un ano durísimo no que pasei lesións e moitos malos momentos, e sobrepoñerme a iso fíxome máis forte. En Madrid esta é a 4ª temporada e atópome moi a gusto alí, pero dame un pouco de pena ter a sensación de que en Madrid son máis valorado que en Galicia, xa que os equipos galegos de 2ªB apostan máis pola xente de fóra que polos da terra.
¿Que sentiches cando te enteraches que xogabades contra o Real Madrid?, ¿É o partido máis importante da túa vida ou houbo algún outro que che fixera máis ilusión?
Pois sentín unha gran alegría xa que o vin coma un premio a todos estes anos de traballo. O futbol na 2ªB non é nada fácil, pero momentos coma xogar no Bernabeu fan que mereza a pena seguir loitando. Vai a ser o partido máis mediatico que xoguei, pero o máis importante foi o do ano pasado na fase de ascenso a 2ª división.
Habitualmente eres titular, e imaxinome que como mínimo xogarás un dos dous partidos, ¿cal che fai máis ilusión, o da casa a carón do público ou pisar o Santiago Bernabeu é algo único?
Si, habitualmente xogo de titular, pero levo 3 partidos lesionado e para o partido que vamos a xogar en Alcorcón non vou chegar. Agora so teño en mente recuperarme para xogar no Bernabeu o dia 10. Si, xogar no Bernabeu e unha cousa única.
¿Eres dos que pensan que tedes que saír a defendervos ou polo contrario xogar de ti a ti?
As individualidades que ten o Real Madrid son as que marcan a diferencia e hai que telas moi en conta, pero o noso mister, e sobre todo no noso campo, plantexará un partido de ti a ti, con moita presion, aproveitando que o noso campo non e moi grande e non hai moitos ocos.
¿Con quen che gustaría cambiar a camisola?
Cristiano Ronaldo é o xogador que máis me impresionou do que eu levo visto, tratarei de collerlla a él, aínda que será moi complicado, xa que estará moi solicitado.
Está claro que Real Madrid e Barcelona son os dous mellores equipos da Liga española este ano, pero ¿cal é o que lle ves mellor equipo, o que crees que vai saír máis victorioso ó cabo da temporada?
Os dous equipos teñen os mellores xogadores do mundo na sua posición, pero creo que o Barcelona xoga máis coma un bloque, e o Madrid abusa máis das súas individualidades.
Un futbolista ó que admires
Cristiano Ronaldo coma futbolista, coma persoa non o coñezo.
¿Cales son as expectativas do Alcorcón este ano?
Ficharonse xogadores contrastados, e fixemos un equipo para loitar polo ascenso a 2ª División. Os resultados serán os que digan polo que loitar, pero en principio ese é o obxectivo.
Pois moita sorte contra o Real Madrid e tamén na Liga. Ogallá que o dÍa 10 esteas no Santiago Bernabéu.