Jose Luis Lemos Ameneiro (1970) foi xogador do Endesa de As Pontes durante sete temporadas, entre 1993-99 e 2000-01. Este ano sustituiu a Alberto López a final de temporada e conseguiu os puntos necesarios para manter a categoría. Ex adestrador de Montañeros, Cidade de Santiago e Laracha, nesta 2011-12 afronta a súa primeira campaña ó mando do CD As Pontes.
Minutos antes do derradeiro encontro de preparación ante o Cariño antendeunos moi amablemente e estas son as súas impresións antes do comezo da Liga.
– Hola Lemos, moitas gracias por concederme estes minutos, con respecto ó equipo do ano pasado hai baixas, varias fichaxes, e eu penso que vendo ó equipo máis ou menos está compensado en tódolos postos, hai varios xogadores en cada sitio, ¿ti que opinas?, ¿gustache o plantel tal e como o ves ou crees que se podería facer algunha fichaxe máis?
De nada, bueno, en principio, con relación ó plantel que eu me atopei o ano pasado parecíame que había moitos postos que non estaban compensados, iso foi un pouco o que se intentou cando planificamos a temporada, que o equipo fora máis compensado en todas as liñas, e si podía ser en todos os postos, entón eu, agora, vendo a plantilla, que está prácticamente pechada, estou contento porque hai moita variedade e competencia en tódalas zonas do campo, en tódalas liñas, e en todos os postos.
– ¿Que conclusións sacas do que levas visto ata o de agora da pretemporada do equipo?
Son conclusións positivas, o cambio de plantel tamén trae un cambio moi grande no estilo de xogo, entón pensei que íamos a necesitar máis tempo para asimilar certos conceptos, pero eu estou satisfeito porque creo que os xogadores están todos moi receptivos sabendo tamén que se vai producir un cambio, non sabemos aínda se pra mellor ou pra peor, pero si diferente, e bueno, os cambios sempre son complicados, pero eu estou contento de estas 6 casi 7 semanas que levamos traballando, da forma que vai collendo o equipo.
– Escoitei que che gustaba practicar un fútbol combinativo, vistoso, ¿máis ou menos en que consiste ese estilo de xogo e que diferencias poden haber co resto de prantexamentos que hai no fútbol actual?
Bueno, a min gustame practicar un fútbol combinativo, pra moita xente iso é máis vistoso e pra outros non, é dicir, o de vistoso teno que dicir o espectador, como che digo, a min gustame un futbol combinativo, un equipo que teña bo trato de balón, que intente iniciar sempre combinando desde atrás, pero bueno, hai miles e miles de formas e maneiras e todas gañan e todas perden, entón ó final a uns gustalles máis e a outros menos, pero eu elixo ese camiño e pareceme que ó final vai a dar máis froitos que outros, por iso o fago, unha porque me gusta e outra porque me parece que é a forma que máis acerca ó resultado que todos queremos que é gañar.
– ¿Con que conceptos básicos che gustaría que se quedara o teu plantel?
Primeiro gustaríame que fora un equipo con un estilo moi claro e que todo o mundo identificara ó As Pontes con unha forma de xogar, iso creo que é un merito que deben anotarse os adestradores, é dicir, que os seus equipos sexan identificados claramente por un estilo. Dentro do estilo gustaríame que fora un equipo que ademáis de ter bo trato fora profundo, que chegara moito a campo contrario, gustaríame que conservara moi ben a pelota e xa sería ideal recuperala pronto, porque un equipo que quere ter o balón canto antes o recupere máis cómodo vai a estar.
– Con respecto ó equipo este ano suben Cañizares e Iván Parapar, e tamén varios rapaces do segundo equipo estiveron facendo a pretemporada contigo, ¿que opinión tes da canteira pontesa e crees que nalgún momento da temporada algún dos rapaces de abaixo poden ter a oportunidade de xogar?
Todos os que fixeron a pretemporada co primeiro equipo, falo de Carlos, Junior ou Borja, entre outros, todos van a ter opción, sobre todo, de traballar co primeiro equipo, porque esa foi un pouco a premisa que eu lles puxen, pero tamén creo que son futbolistas que deben de competir creo eu incluso nunha categoría un pouco superior á que están, sería ideal para o clube tamén, para facerse e curtirse mellor, pero si é certo que por exemplo no caso de Junior é un futbolista ó que hai que seguir, que ten que traballar con nos durante a semana porque lle pode vir moi ben. Sería interesante para o clube poder tirar nun futuro de máis xogadores dese filial. O caso de Cañizares acabou xa adestrando a tempada pasada con nós, pareceume que era un futbolista ó que tamén lle viña ben estar no plantel e que está facendo unha pretemporada moi boa, e Iván é unha aposta sobre todo do clube que o coñecía moito máis ca min, e bueno, é un rapaz con unhas moi boas condicións que se ten que adaptar un pouco ó ritmo e ó estilo de traballo desta categoría pero que tamén é un futbolista que pode chegar a ser moi importante.
– E xa falando da Terceira División, este ano vai a ser espectacular co Ferrol, Pontevedra, Fabril, Ourense, Cerceda
¿Cal destes equipos consideras favorito e máis ou menos en que posto crees que quedaredes vosoutros?
Bueno, o da Terceira deste ano, creo que coincide todo o mundo no fútbol galego, que debe ser a máis dura, pois non sei, eu xoguei en Terceira con 19 anos e non recordo unha coma esta, e teño 41 (risas), quero dicir que eu creo que dos últimos 25 anos é a de máis nivel, a priori seguro polos clubes que hai. Para min o Pontevedra é o favorito claro, unha por ter un gran adestrador que eu tiven a sorte de ter tamén neste clube (Milo Abelleira) e outra porque sei que ten un plantel que o está facendo, un pouco máis tarde que os demáis, pero con futbolistas de categoría superior, pareceme que ademáis tamén polo apoio da afección vai a ser o claro favorito. ¿O noso papel? A min gustame ser moderadamente optimista sempre, é dicir, hai que ir cos pes no chan, pero sería unha gran tempada colocarse entre os 7 ou 8 primeiros, sería espectacular, sobre todo pola Terceira que é, pero para iso primeiro hai que consolidar ó equipo, que arranque ben, que teña as cousas claras, e despois coma sempre ten que axudar un pouquiño a sorte, pero eu aspiro a estar no medio da táboa sen ningún tipo de apuros para non mirar abaixo.
– ¿E algún equipo revelación ves por ahí?
Pois home, de momento a información que teño é que pode aparecer ahí o Alondras, que sempre está e xa non se pode considerar unha revelación, en principio está todo o mundo como moi tranquilo, como escondendo todo o mundo as cartas, as revelacións soen estar tapadiñas como estamos nós agora mesmo, asi que bueno, que falen doutros (risas).
– (Risas) Esta fin de semana debutades na Estrada, ¿como ves ó equipo a nivel de estado físico, ánimo, motivación? Lesionados creo que non hai moitos, salvo Jordi e Pablo.
Non, agora mesmo so Jordi, que iso é unha sorte, Pablo xa vai xogar hoxe aquí o segundo tempo, entón si él se incorpora co grupo xa non temos nada máis que a baixa de Jordi, entón nun plantel de 22 xogadores chegar 21 sans ó principio de Liga é moi importante, témolos, e por outra parte comezamos a adestrar o 12 de Xullo, fomos o equipo máis madrugador, e o plantel xa ten gañas de que chegue a competición, de que se acaben os amistosos, eu creo que chegamos en un bo momento, doulle moita importancia sempre a comezar ben, entón imos a ver si somos capaces de facelo.
– Ti adestraches ó Montañeros, incluso o subiches varias veces de categoría, ó Cidade de Santiago, equipo no que, bueno, houbera desgraciadamente aquel problema económico aquela tempada que ti o adestraches, estiveches dous anos no Laracha antes de vir ó As Pontes, e como antes de vir aquí esa foi a túa última etapa como adestrador, ¿Que diferencias podes atopar entre a Rexional Preferente e a Terceira División?
Hai moitas diferencias, o Laracha por exemplo é un clube moi ben organizado, moi humilde e moi traballador, pero a diferencia fundamental son os futbolistas, é dicir, a exixencia que hai nunha e noutra categoría é diferente, na cantidade de días de adestramento, na exixencia propia fóra do fútbol, aquí é un pouquiño máis profesional todo, entón notase moitísimo á hora de traballar, á hora de poder competir, á hora de exixir e de que te exixan, e ó chegar ó As Pontes aínda se nota máis.
– ¿Algúns futbolistas que crees que podan marcar a diferencia nesta categoría?
O Pontevedra ten un dianteiro centro que vai a ser dos mellores da categoría, Manu Barreiro, a min o ano pasado gustoume moito ese futbolista, e o Pontevedra xa foi rápido a por él, Pablo Rey no Racing de Ferrol é un futbolista que tamén vai a marcar diferencias, e espero que haxa un par dos nosos que as marquen tamén (risas).
– (Risas) Ogallá
Independentemente de gustos e afeccións por un escudo, ¿ti que eres máis partidario do futbol preciosista, de toque, de tiki taka, de abrir ás bandas do Barcelona, ou o fútbol máis directo, vertical, de pillarte en dúas ou tres contras demoledoras e matar o partido do Real Madrid?, ¿que che gusta máis un estilo ou o outro?
A min persoalmente que son madridista gustame máis o fútbol do Barcelona, pero son gustos futbolísticos, é dicir, non todos os que xogan como o Barcelona gañan nin todos os que xogan como o Madrid gañan, o que pasa é que este Barça me parece a min que é algo fora do normal, fora do común, hai unha cantidade de futbolistas que marcan as diferencias en tódalas zonas do campo xuntos que non é normal, e logo encima teñen ó mellor do mundo (Messi) que resolve os partidos. Pero eu identificome máis con ese estilo que co outro sabendo que todos son válidos porque iso está demostrado, hai equipos que foron campións xogando directo e equipos que foron campións xogando combinado, gustame máis o termo combinado que tiki taka ou preciosista porque é igual que dicir que o fútbol directo é patadón, que tampouco é certo, tamén é válido, son formas diferentes e a min gustame máis ese outro estilo.
– Un tema no que a min me gusta incidir, o As Pontes ascendeu á Terceira Division o ano pasado tras oito anos en Preferente, e nos partidos contra o Racing de Ferrol ou en Agosto co Deportivo houbo moita xente, pero sen embargo noutros moitos encontros hai 50, 75, 100 espectadores. ¿Que pode ofrecer Lemos e este CD As Pontes da tempada 2011-12 para que a xente pontesa acuda ó campo?
Bueno, eu recordo esto desde que estaba eu aquí, sempre cun punto non vou dicir negativo, pero que si algo restaba era a pouca afluencia no Poboado. Eu creo que un dos camiños para conseguir que a xente vaia ó campo é facer un bo futbol, que sexa un equipo que guste ir a velo, por como trata os partidos, porque vai a ir sempre a polos partidos, imos a intentar que o equipo non teña que esperar nunca, que nunca teña que especular, haberá rivais que por suposto non nolo van deixar facer, pero nos vamos a intentar sempre ir a polos partidos, que sexa un equipo ofensivo e atractivo e que á xente lle apeteza ir a ver ó As Pontes porque ademáis do resultado que o imos a buscar como todos, imos a tentar facer un fútbol que tamén sexa atractivo para o espectador.
– A última, estiveches sete temporadas no CD As Pontes como xogador, seguramente o peor recordo pode ser o descenso a Terceira na 1997-98 nese fatídico partido co Langreo aquel 17 de Maio no Poboado con empate a 1-1 final e con tantas bagoas que mellor non o imos a lembrar, pero ¿que recordos tes da túa estadía no clube como xogador e cal consideras que foi a túa mellor temporada?
Home, eu creo que a miña mellor temporada foi en Segunda B, a 1996-97, creo que foi o mellor ano futbolístico meu, xa levaba aquí tres tempadas, era a cuarta, con 26-27 anos, adquirín unha madurez, e eu recordo aquela temporada con moito cariño. E despois, agora moitas veces teño que desconectar cando chego ó campo, dos moitos recordos que se me veñen á cabeza, ó principio era complicado, porque eu sempre dixen que este foi o meu clube
e xa ves que me emociona incluso falar deso
para min é un orgullo poder entrenar a este equipo
–
Alegrome de que asi sexa, pois moitísimas gracias Lemos e moita sorte para ti e para todo o equipo nesta temporada.
Moitas gracias a ti
Fotos cortesía de AF