Este venres 18 dá comezo en Santiago unha nova edición de Xuventude Galicia Net

Lendo codigocero.com:
“A mocidade galega usuaria de ferramentas informáticas vai estar entre o venres e o sábado ilocalizable. O motivo desta desaparición xeralizada é Xuventude Galicia Net, a celebrar no Palacio de Congresos de Santiago. Alí se reunirán 1.500 persoas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, unidas baixo un mesmo teito e baixo unha mesma causa: Internet. Na organización está a Dirección Xeral de Xuventude, que pretende ir alén do técnico para centrarse no que está detrás e diante das computadoras e da Sociedade da Información: as persoas. Amizade e tecnoloxía.”…


…”Compañeirismo e novas redes de comunicación. Máis de 130 megas de saída de Internet e unha vontade de ensinar e aprender. Como vén sendo costume, o encontro está aberto a todo o mundo. Hai unha zona para os inscritos pero tamén hai un espazo externo no que tódalas persoas son benvidas. Unicamente deben cumprir un requisito: compartir o espírito de Xuventude Galicia Net.
Ese espírito é, precisamente, compartir.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios