Amigus
As Pontes

Este xoves presentarase nas Pontes o libro gañador do II premio de poesía Uxío Novoneyra

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O gañador desta 2ª edición foi Daniel Salgado, lucense nado en Monterroso no ano 1981, estudiante de xornalismo. Para este autor ‘Sucede’ será a súa 1ª obra nas librarías. A presentación do libro será o xoves 13 de maio ás 20 horas na casa Dopeso. No mesmo acto presentarase o III Premio de Poesía Uxío Novoneyra, e presentarase a obra de teatro ‘Bicos con lingua’ de Talía teatro.

uxio.jpg


A obra gañadora ‘Sucede’ é dun ton intimista, aborda temas de fondo social, como a loita do pobo palestino ou o atentado das torres xemelgas.
Na 2ª edición presentáronse a concurso 60 obras tanto de autores anónimos como de escritores xa consagrados. Na 1ª edición a decisión do xurado fora unánime concedéndolle o premio a Vázquez Pintor, pero na 2ª edición plantexáronse dúas posicións moi claras defendidas por sendos representantes do xurado, logo de máis de tres horas de debate a decisión maioritaria outorgou o premio a Daniel Salgado.
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios