EuroEume apoia dous proxectos cun alto grao de innovación que serán desenvolvidos nas Pontes ao abeiro do Programa Leader e recibirán máis de 100.000 euros

O pasado luns 22 de Marzo, a Xunta Directiva da Asociación Euroeume aprobou dous novos proxectos ao abeiro do Programa Leader 2007-2013
A Xunta Directiva da Asociación EuroEume vén de aprobar dous novos proxectos cun alto grado de innovación ao abeiro do Programa Leader 2007-2010. Ambos, que serán desenvolvidos por empresas pontesas, teñen á rede internet como referencia. Un deles permitirá aos veciños do ámbito territorial de EuroEume mellorar o seu acceso á Sociedade da Información por medio dunha rede sen cables mentres que o outro, posibilitará a venda de produtos fabricados na zona por Internet.


En total, ambas empresas recibirán máis de 100.000 euros financiados polo Programa Leader.
Internet wifi banda ancha para a zona rural do territorio
O primeiro dos proxectos aprobados consistirá na instalación dos equipamentos necesarios que permitan achegar a internet de alta velocidade aos concellos que forman parte do ámbito territorial de EuroEume.
Para poñer en marcha este proxecto utilizarase o sistema máis extendido vía inalámbrica, pola súa relación prezo – rendemento.
Este proxecto será desenvolvido polo emprendedor Pablo Fernández Campello e contará cun orzamento de 157.365,40 euros, dos que 55.786,03 euros serán subsidiados polo Programa Leader 2007-2013.
PuzzleMotor
O segundo dos proxectos aprobados consiste nun portal de venda de compoñentes para automóbil a través de internet e de servizos integrais dirixidos ao mundo da competición. Abarca múltiples funcións, dende a organización de eventos relacionados co mundo do motor ata a importación, distribución, compra e venda ao por maior e polo miúdo de pezas para o automóbil. O negocio non consiste só na comercialización destes produtos, senón tamén na súa produción, polo que se inclúe a maquinaria necesaria para a súa produción (taller de flockado e taller para a elaboración de fibra de carbono), ademais dos elementos necesarios para a xestión.
Este proxecto será desenvolvido pola empresa PuzzleMotor,s.l. e contará cun orzamento de 155.785,46 euros para a súa execución, dos que 48.854,32 euros serán aportados polo Programa Leader 2007-2013.
Programa Leader 2007-2013
Estas axudas están enmarcadas no Programa Leader 2007-2013 e estarán abertas para a súa solicitude ata o 1 de setembro de 2013, podéndose recabar toda a información na páxina web da Asociación Euroeume www.euroeume.org, ou chamando ao teléfono 981.440.668.

También podría gustarte
Comentarios