EuroEume atenderá as propostas da xuventude

O proxecto Eumexoven, ten este venres unha nova convocatoria . Nesta ocasión, será o Concello de As Pontes, quen colabora con EuroEume e Briante na organización deste foro local de debate. O encontro celebrarase nas oficinas de EuroEume a partires das seis da tarde. A súa celebración supón a continuidade destes encontros, que tiveron a súa anterior cita en San Sadurniño a finais do mes de maio.


O foro está aberto a todas aquelas persoas de entre 20 e 40 anos, e os diferentes colectivos de xoves do territorio, interesadas en aportar ideas que podan axudar a mellorar as condicións de vida da xuventude do territorio no referente a catro temas fundamentais: As alternativas de emprego e de creación de empresas, a creación dunha bolsa de emprego xove a través de internet, a organización de actividades de ocio, cultura e medioambiente, e o achegamento entre a xente do territorio.
O Proxecto Eumexoven supón unha gran oportunidade para EuroEume de coñecer as inquietudes deste sector da poboación no referente a estes temas de tanta importancia para o desenvolvemento local.
O acicate para os xóvenes será ver como as propostas que saian destas mesas poden ser apoiadas e/ou implementadas desde EuroEume a través de axudas públicas dos fondos do Leader +. A elección das propostas a implementar terá lugar durante a celebración na vila de As Pontes das 3as Xornadas de Desenvolvemento Local en Espacios Rurais.

También podría gustarte
Comentarios