Amigus
As Pontes

39.-REFEITAS DE XAROPES.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.


-de Papoula para a tose, insomnio e estados nerviosos: Amolecer cinco culleradas sopeiras de pétalos secos de Papoula ben esmiuzados en medio litro de auga durante quince minutos. Despois de coar engadir en quente azucre ata que presente consistencia aceitosa (precisaranse uns 800 gramos). Tomar ó día de tres a cinco culleradas; os nenos poden tomar ata tres ó día.
-Emoente de Papoula: Amolecer cinco culleradas sopeiras de pétalos secos de Papoula ben esmiuzados en medio litro de auga durante quince minutos. Despois de coar engadir en quente azucre ata que presente consistencia aceitosa (precisaranse uns 800 gramos). Tomar ó día de tres a cinco culleradas; os nenos poden tomar ata tres ó día.
-Reconstituinte de Alholva para adelgazamentos de orixe nervioso: Para combater o esgotamento e adelgazamento de orixe nervioso, facer unha amasada con 30 gramos de sementes moídas de Alholva, 1/4 litro de aceite de oliva e 1/4 quilo de mel; mesturar moi ben e reservar nun envase pechado. Tomar unha cullerada en cada comida.
-das 5 raíces: carminativo e diurético: Mesturar 5 g de Apio, 5 g de raíces de Fiúncho, 5 g de raíz de Esparragueira, 5 g de raíces de Brusco espiñoso, 5 g de raíces Perexil e 300 g de auga. Verter sobre das raíces 950 g de auga e deixar amolecer durante medio día, despois pasar por un coador e filtrar. Verter despois outro l50 g de auga, deixar aínda amolecer outra media xornada e filtrar de novo. Engadir 200 g de azucre e mesturar ó lume con lapa moderada. Doses: 50 g de xarope tomados durante a xornada a culleradas. duración do tratamento: non ten limite.
-preferido na terapéutica infantil contra da tose: Preparase con 15 g de tintura de Azafrán e 85 g de xarope simple de azucre; despois filtrase. Doses: proporcionada coa idade.
-de Cebola contra o arrefriado: Ferver durante tres horas nun litro de auga un quilo de Cebolas frescas con 300 g de mel e 750 g de azucre. Deixar arrefriar, filtrar e conservar nunha botella. Doses: 3 ou 4 culleradiñas durante as vintecatro horas.
-de Silvamar: Obtense o zume espremendo a raíz en estado natural (esmagar sobre dun lenzo limpo e despois retorcer sobre dun vaso ou xarra), despois mesturase coa mesma cantidade de xarope simple (600 gramos de azucre desfeitos en 330 gramos de auga, previamente fervida e filtrada).
-de Silva: Extraese o zume do froito (aprox. Unha cunca), despois quentase xunto cunha cunca de auga e outra de azucre. Tomase tres ou catro veces ó día. Contra disentería e diarreas.
-tonificante de Escaramuxo: Nun 1/4 litro de alcohol de 50º engadir uns 100 gramos de escaramuxos secos e 50 gramos de azucre. Deixar amolecer durante un mes. Filtrar e rebaixar cuns 200 mililitros de auga. É útil en convalecencias e para persoas anciáns.
-de Café: tónico nervioso: Mesturar 50 g de café torrefacto e moído en 300 g de auga. Coalo en frío e engadir 600 g de azucre e 2 g de acedo cítrico. Doses: cada vez que se precise.
-expectorante de Parietaria: Moer 10 g de follas e mestúrar ben con mel. Tomar a culleradas.
-para axudar a deixar de fumar: Poñer en infusión 4 ou 5 horas 20 g de Erísimo, 20 g de Berro, 20 g de Fumaria e 20 g de Serpol nun litro de auga. Coar o líquido e engadir 1000 g de azucre. Filtrar. 2 ou 3 culleradiñas durante o día, sobre todo cando o desexo de fumar sexa mais intenso.
-emoente e antereumático: Amolecer 100 g de xemas de Pino en 100 g de alcohol de 60º mesturar nun litro de auga e 800 g de azucre. Ferver todo o bañomaria por 10 minutos e filtrar. Tomar unha ou dúas culleradas o día.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios