EUROEUME CONVOCA ‘MESA SECTORIAL DE ENTIDADES E MELLORA DE CALIDADE DE VIDA’

O sábado, ás 16.00 horas, no local da AAVV As Campeiras de As Pontes, celébrase unha nova convocatoria da “Mesa Sectorial de Asociacións e mellora de calidade de vida”. Esta reunión está aberta a tódalas asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.


Nesta ocasión trátase dunha reunión monográfica referida á creación dunha publicación de ámbito comarcal, e sobre o papel que o tecido asociativo ten que desenvolver na formulación da mesma. Na reunión vanse definir as características que vai ter o xornal, o tipo de entidade que o vai xestionar, e a implicación que vai ter cada entidade nesta publicación.
Este proxecto nace promovido por EuroEume, e baixo a forma de proxecto de cooperación interterritorial con outros 7 Grupos de Acción Local que xestionan fondos da Iniciativa Leader +. A intención deste proxecto é crear un grupo de comunicación con base no mundo rural, que, ademais de dar voz ás entidades do territorio, trate as novas relativas ós nove concellos que abrangue EuroEume, así como dos procesos de desenvolvemento rural que se están a realizar noutros lugares, e que poderían ser de interese para implantar no territorio.
Para mais información contactar con:
Angel Lorenzo Cea
Dir. Comunicación EuroEume
Tlfno: 981440668
comunicación@euroeume.org

También podría gustarte
Comentarios