EUROEUME PARTICIPA NO SEMINARIO SOBRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE EN CATALUÑA

A Asociación EuroEume, representada polo seu xerente Miguel Teijido, participará no “Taller-Seminario sobre Modelos de Desenvolvemento sostible e de Calidade nos territorios Rurais”. Este evento, organizado pola Deputación de Barcelona e o Consorcio do Lluçanés, celébrase no concello de Sta. Creu de Jutglar durante este fin de semana.


O obxectivo fundamental da proposta é fomentar a reflexión compartida e a cooperación á hora de analizar e buscar respostas ás problemáticas comúns para o desenvolvemento entre os territorios participantes. A medio prazo, contemplase a posibilidade de configurar unha rede estable de cooperación entre os territorios que permita, incluso, a presentación de proxectos comúns de carácter transnacional para a obtención de financiación para diferentes proxectos impulsados por parte das organizacións.
Esta previsto que participen neste seminario representantes da Red de Agencias al Desarrollo del País Vasco, da Asociación Euro Eume de Galicia, do concello de As Pontes, do Concello de Reinosa (Cantabria), da Agencia de la Mancomunidad de Municipios de la Sierra de Cádiz (Granada), do Centro de Formación y Trabajo del Consejo Insular (Baleares).
Euroeume exporá a súa proposta de desenvolvemento para os territorios rurais, centrado fundamentalmente na valorización do patrimonio do territorio: Histórico, cultural, natural. Así presentaranse diferentes proxectos impulsados pola propia Asociación, como poden ser a Memoria Histórica e Oral do Territorio, a Valorización dos Productos Locais, o proxecto de posta en valor de Castelos e arquitectura medieval, etc.
No marco deste seminario proponse a posta en marcha dun proceso de reflexión no marco de territorios rurais en reconversión que leve a potenciar o traballo en rede á hora de definir propostas e alternativas á situación de crise demográfica, económica, ambiental ou social que padecen moitos destes territorios. Por outra parte pretende servir como xornadas de intercambio de experiencias en temas de promoción económica en territorios de carácter rural ou semi-rural.

También podría gustarte
Comentarios