Europeo Sub19. Francia 1 España 0. España despídese do Europeo Sub19 tras perder merecidamente ante Francia

A selección española sub19 que firmou a súa sentencia o venres contra Serbia, perdeu hai uns minutos coa súa conxenere de Francia por 0-1. Os galos, moi mediocres nos dous primeiros partidos, pero que sempre están ahí, saíron ó campo coas gañas que lle faltaron a España ó longo do torneo, e marcaron no 26´ por medio de Brahimi, que estivo moi incisivo durante todo o encontro, e puideron facelo por medio de Le Tallec por dúas veces (unha ó longueiro) e o propio Brahimi, pero un Diego Mariño espectacular salvou a goleada. No segundo tempo España saiu a polo empate, máis por inercia que por convicción, pero a pesar de rondar a área francesa non chegaron con ocasións claras de perigo, salvo unha de Dani Aquino nada máis sair e outra de Joselu casi ó final, á contra Francia puido sentenciar nos últimos minutos por medio de Brahimi, e no último minuto nunha contra con cinco galos contra Rochela, que non souberon definir.


En definitiva, merecida eliminación da selección española máis por falta de motivación que de calidade, España sub19 e Rochela pagaron os platos rotos das ausencias inxustificables de Bojan e Camacho, a carencia de dianteiros, a inexperiencia dun técnico neófito e moi defensivo como Luis Milla, e as carencias da maioría dos xogadores, con moita calidade, pero poucas gañas, sacrificio e ilusión.
Remata así a andadura de España neste Europeo Sub19 no que xogarán as semifinais o vindeiro xoves Inglaterra contra Francia (final anticipada) e a sorprendente Serbia; que ten moito que agradecer a España; contra a anfitriona Ucraina.
España xogou con Mariño; Mario, Pulido, Rochela, Morgado (Alonso 76´); Oriol (expulsado no 86´), Sielva (Canales 45); Jordi, Fran Mérida (Aquino 64´), Iago Falqué; Joselu.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios