Exposición Didáctica ‘Galicia, conservando a Natureza’

Dende o 9 ata o 15 de decembro contaremos no noso Concello co exposición Medioambiental ‘Galicia,conservando a natureza’ polo interese didáctico da mostra esta abrirase en horario de mañá a aqueles grupos de escolares que o soliciten.
Esta exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, pretende que todos os galegos e galegas, e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais.
Pero tamén, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras.


Servizo de atención ao público.
Acompañando á exposición irá un educador ambiental que se encargará de atender todas as visitas e especialmente guiará aquelas visitas dos centros escolares do noso concello; ainda que tamén terán a posibilidade de asistir grupos de adultos de colectivos ponteses.
DATOS DA EXPOSICION:
LUGAR: Soto da Casa Dopeso
HORARIO VISITAS CON MONITORAXE :
Martes 9 de 11 a 14 h e o xoves 11 de 9 a14 horas (podense realizar visitas noutras datas e horarios consultar no Dpto de cultura)
IDADES DE PREFERENCIA PARA A VISITA: centros escolares alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria , colectivos de adultos.
GRUPOS: MÁXIMO 30 persoas POR HORA.
PARA CONCERTAR VISITAS chamar ó Dpto de Cultura de 9 a 14h no 981 44 03 44 ou en Cultura@aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios