Fallo do premio de Poesía Uxío Novoneyra

[RTVi-As Pontes] O poemario “A tarde” de Jesús Pensado Figueiras, foi a obra gañadora da terceira edición do premio de poesía Uxío Novoneyra, que convocada de xeito bianual o Concello das Pontes. Suso Pensado ten publicado xa algunhas obras, pero polo de agora ningunha delas de poesía.


Polo tanto, có poemario “A tarde” estrearase nos anaqueis como poeta. O xurado fallou o galardón este luns, nunha reunión celebrada na Coruña. Este ano participaron preto de vintecinco orixinais. No xurado estiveron, o poeta Xulio López Valcarce, Daniel Salgado, que foi o gañador da segunda edición deste mesmo premio, e tamén Teresa Seara, crítica literaria, ademais de Anabel Alonso como secretaria.
Jesús Pensado ten 33 anos, é profesor de Francés no IES Val do Dubra, e no ano 96 traducíu a Jacomo Leopardi; aínda que dende aquela está traballando noutros proxectos, aínda non chegaron ó prelo.
“A Tarde” é unha obra que se alonga por tres anos, con vocación intimista e que parte de tres argumentos básicos. A solpresa polas pequenas cousas que nos ofrece a vida, e o tránsito humano dende a adolescencia, na que hai unha presunción de inmortalidade, á eivdencia de que a nosa hisoria ten un final coñecido, e tamén aparece o decorado das cousas artificiais que tentan imitar á natureza, como pode ser unha praia, unha lagoa ou unha piscina.
O poemario comeza nunha tarde de verán e remata có remate da estación, e o seu escenario é precisamente unha piscina.
Jesús Pensado considera ademais que o premio Uxío Novoneyra das Pontes é un dos dez máis destacados de Galicia, especialmente polo feito de facilita-la publicación na editorial Espiral Maior, pero sen desdeñar tampouco a dotación económica, con tres mil euros.
O premio entregarase nun acto que se vai celebrar o vindeiro día 21 de xaneiro. Este galardón está dotado con tres mil euros e a publicación da obra gañadora.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios