FASE DE CLASIFICACIÓN DE CAMPIÓNS: VITORIA DO AS PONTES INFANTIL E DERROTA EN CATEGORÍA ALEVÍN

CD AS PONTES –SD O VAL (6-1): Despois de tres derrotas consecutivas o As Pontes infantil acadou o segundo triunfo da fase de ascenso á liga galega e para a que se clasifican da zona de Ferrol os dous primeiros clasificados. Nesta sétima xornada non tivo problemas para impoñerse ó Val por seis goles a un. Ó descanso os ponteses gañaban por 3-1. Marcaron os goles Álex, en dúas ocasións, David Rey, Iván, Brais e Nahúm.
infantil_01.jpg


Marco Roca, adestrador pontés, aliñou de principio a Ángel, Blanco, Iván, Jonathan, Alberto, aJorge, Hulk, Álex, Nahúm, Brais e David Rey. Ó longo da segunda parte entraron Alberto, Josiño, Jorge, Roberto e Iago.
Nesta xornada hai que salientar a primeira derrota do Meirás no seu propio campo ante o Narón por un claro 0-3. Pola súa banda, o Racing de Ferrol venceu en Pontedeume ó Eume (2-4). Continúa primeira posición o Meirás, con 18 puntos, seguido de Racing de Ferrol e Narón, con 13; As Pontes, con seis puntos, e pecha a clasificación o Val, con cero puntos.
Sinalar que nunha xogada fortuíta resultou lesionado o xogador do Val, Carlos Fernández, que tivo que ser evacuado nunha ambulancia a un centro médico de Ferrol. Segundo información do Club As Pontes, sufriu fractura do fémur esquerdo. Dende aquí moitos ánimos para Carlos e que teña unha pronta recuperación.
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
CD AS PONTES –SDR PORTUARIOS (1-4): Non tivo a mesma sorte o conxunto alevín, que na tarde de onte caeu ante o intratable Portuarios por 1-4, nun partido que comezou con igualdade no xogo, pero que pouco a pouco foise impoñendo a superioridade dos ferroláns, que se adiantaron no marcador ós dez minutos. O As Pontes puido lograr o empate, pero as claras ocasións de Josiño e Esteban, por dúas veces, fóronse fóra por pouco. Antes do descanso o Portuarios marcou o segundo gol. Na segunda parte seguiu o dominio visitante, que incrementou a vantaxe en dous goles máis. Josiño, de forte disparo polo escuadro marcou o tanto dos ponteses.
Rebolo aliñou a Lino, Alejandro, Adrián, Andrés, Josiño, Jorge, Jandro, Esteban, Antón, Pedro e Bruno.
Logo de vencer ó Galicia de Caranza (5-2) e hoxe ó As Pontes (1-4), o Portuarios, como campión absoluto en categoría alevín, xa esta clasificado para a seguinte fase. O outro equipo decidirase no partido que mañá sábado xogan en Caranza Galicia e As Pontes. Ós ponteses só lles vale a vitoria, xa que o empate clasifica ós ferroláns por mellor coeficiente de goles.
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios