Que Cunda o Pánico! no Pub Tropicana

Hoxe, xusto antes da medianoite, no PUB TROPICANA, concerto da banda de rock pontesa QCP! (Que Cunda o Pánico!), na que presentarán o TOUR DO PÁNICO 2011.
QCP! é unha banda formada hai uns dous anos co propósito de divertirse facendo e tocando cancións, na súa meirande parte propias, pero tamén algunha ca outra versión. Esta noite, de feito, estrearan novas cancións, das propias e das alleas.
É só rocanrol, pero se vos gusta, a medianoite no Tropi.
qcp.jpg

También podría gustarte
Comentarios