FASE FINAL DA LIGA INFANTIL: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (2-2)

O As Pontes infantil non pasou do empate diante do Eume Deportivo no derradeiro partido da segunda fase da liga infantil. O resultado final foi de empate a dous goles. Con este resultado o As Pontes é líder provisional con 22 puntos, polo que o choque que hoxe xogan na Gándara (17,15) Racing de Ferrol e Meirás é decisivo para o título de liga da zona de Ferrol.
De gañar o Racing de Ferrol, os ferroláns serían campións e os ponteses segundos. De rexistrarse empate, será campión o As Pontes e o Ferrol segundo. Se hai vitoria do Meirás por máis de tres goles de diferenza (en Meirás gañou o Racing 0-2) o campión será o As Pontes e o Meirás xogará a seguinte fase. De tódolos xeitos, os ponteses xa están clasificados para a fase galega de campións, que será por eliminatoria.
eume_aspontes_01.jpg


En canto ó partido de onte en Pontedeume, dicir que os ponteses saíron ó terreo de xogo agarrotados, todo o contrario que o pasado sábado diante do Ferrol, e moi confiados ante un Eume que non se xogaba nada pero que loitou para acadar a vitoria. O xogo estivo controlado polo As Pontes ó longo de todo o partido, pero, nesta ocasión os seus xogadores non estiveron moi atinados de cara ó gol. Dentro do mal xogo de todo o equipo só se salva a liña defensIVA, con Hulk e Iván como máis destacados.
Comezaron adiantándose os ponteses no minuto 38 cun gol en propia meta dun defensor local, empatando o Eume posteriormente e xa no segundo tempo os locais marcan o seu segundo tanto e a piques de rematar o encontro, Diego estableceu o empate definitivo.
Rebolo aliñou de principio a Ángel, David, Alberto, Iván, Hulk, Brais Blanco, David Rey, Jandro, Enrique, Álex e Diego. Na segunda parte entraron Brais Martinez no sitio de Alberto (min. 62), e no minuto 67, Manuel e Rooney entraron substituíndo a Ángel e Jandro.
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
eume_aspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios