Feira do Mel Artesán

[RTVi-As Pontes] A Feira dos Fungos e Cogomelos compartirá protagonismo este domingo coa IV edición da Feira do Mel artesán. Na rúa Alexandre Bóveda xa están instaladas as distintas casetas que acollerán ós 10 apicultores da comarca que participarán desta Feira. Nas casetas que ocuparán poderanse merca-las dúas clases de mel que se elaboran nas Pontes, o mel claro e mailo escuro, productos ámbolos dous que destacan polos seus beneficios para a saúde. A Feira do luns será un bo momento para merca-lo mel que se precise para o ano, xa que esta campaña non está resultando tan óptima como se prevía. A razón é a morte das colmeas como consecuencia dunha enfermidade contaxiosa, a loque.


E ademáis da Feira do Mel artesán prevista para o luns, mañá sábado celebraranse na Casa Dopeso as conferencias sobre apiterapia enmarcadas nas V Xornadas Apícolas do Eume. O poñente será o apiterapeuta Pedro Pérez, que falará ás once da mañá sobre o pole, a xalea real, própole e larvas de abázcaro. Pola tarde, ás cinco e media, ofrecerá outra charla máis sobre as propiedades do veleno das abellas, e o seu uso terapéutico. Haberá tamén demostracións prácticas. E ás doce do mediodía terá lugar na Casa Dopeso a presentación do libro “apicultura na escola”, a cargo do seu autor, Xesús Rodríguez.
A programación complétase con visitas guiadas á casa do mel e obradoiros de mel e cera para o público en xeral, o domingo entre as catro e as nove da noite.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios