A catequese nos anos corenta

Achegámonos hoxe á catequese que tiveron os nosos maiores nos anos corenta. Veremos quenes eran aqueles catequistas e aqueles nenos que formaban cada un dos grupos. Por pequenas anotacións somos capaces de reconstruilos grupos de novo case setenta anos despois.
Nesas catequeses polas datas nas que nos atopamos facíase lembranza dos Reis Magos de Oriente. Hoxe, máis coma profesor e técnico en materia bíblica que coma afeccionado á historia, quixen contarvos, ademais, algo sobre eles, co galo do día de Reis que se vai aproximando.


OS REIS MAGOS DE ORIENTE

CADRO DOS REIS MAGOS
Cadro-Reis-Magos.jpg

Quen nos fala na Biblia deles é o Evanxelista Mateo, que coma bo xudío, pensaba que a salvación era para o pobo elixido por Deus, e que logo estarían as outras nacións da Terra. Pero a comunidade de Mateo, foi descobrindo que a mensaxe de Xesús era Universal, que tiña que chegar a todas partes porque era de valía para todos. Que Deus era un patrimonio para dar a coñecer a tódolos pobos. Como diría Xosé Manuel Carballo, un crego que exerce de mago (a el gústalle máis dicir “ilusionista”) en Castro de Rei: “se Deus non existise pagaba a pena inventalo”. Se os reis non fosen tales reis, pagaba a pena que así o fosen, porque os nenos ben os merecen.
A Comunidade de Mateo comprendeu a mensaxe da salvación coma universal, e foi entón cando entraron no Evanxeo Os Reis Magos, que non son outra cousa mais que a demostración de que outros pobos, que chegaban dende lugares lonxanos (Oriente), tamén podían adorar ó Deus de Israel en Xesucristo. Pero Mateo só nos falou duns magos, non dixo número, iso sí, que levaron Ouro, Incienso e Mirra. O tempo e os apócrifos, fixeron todo o demais, dándolles un nome e facéndolles contrato de por vida para traballar horas extras só unha noite ó ano e vivir 364 días de vacacións. Todo un choio, haber se tomán nota os sindicatos.
Os primeiros nomes dos Reis aparecen en escritos de San León Magno (anos 440-461) que os nomea como Melkon (co tempo sería Melchor), rei dos persas; Gaspar, rei dos indios; e Baltasar, rei dos árabes (quizais por iso de ser árabe tocoulle ser negro e tiznar ós nenos na cara cando os bicaba). Unha versión apócrifa etiópica do Protoevanxeo cita tamén tres reis, pero chámalles Tanisuram, Malik e Sisseba. Mellor que non lle pidamos ós nenos que aprendan estos nomes. Pero a Tradición Oriental chegou a falar de doce magos, e os armenios chegaron a falar de quince. Incluso nas catacumbas cristiás o número non estaba claro. Gracias a Deus os nosos nenos son máis intelixentes hoxe e saben perfectamente que son tres.
Contan os apócrifos que ó Neno lle levaron Ouro, Incienso e Mirra (ouro coma rei, incienso coma Deus, e mirra para unxilo seu corpo á súa morte) pero, xa naquel tempo debían existir os protocolos reais e houbo intercambio de regalos. Segundo unhas versións (evanxeo árabe da infancia, VII) María regaloulle ós Reis uns pañais, e a tradición conta que foron gardados coma reliquia en Constantinopla ata que se trasladaron a Francia, onde se destruiron na Revolución Francesa. Pero a versión etiópica deste evanxeo di que o verdadeiro regalo foi un pan que o Neno lle deu ós Reis. Seguimos polo tanto atopando reminiscencias da Eucaristía, e do que significaría a vida daquel Neno. Conta a lenda que os Reis esconderon o pan soterrándoo en terra. Herodes pidiu que llo trouxeran, e ó ir a buscalo xurdíu unha labarada de lume da terra que se elevaba cara a Deus. Dise dende entón que os Reis louvan aquel lume santo que representa ó Mesías que tamén uníu a terra e o Ceo.
OS REIS MAGOS DE AS PONTES
Os Reis Magos de As Pontes viñan, naqueles anos, cos petos baleiros. Incluso algún pai agocharía os regalos ó día seguinte a Reis para voltar a regalarllo ó fillo/a ó ano seguinte. E a tarefa de achegar víveres e leite en po, ou cestiñas de nadal (coma as que presentabamos a pasada semana), foi pasando a un novo organismo que sigue a traballar constante e seriamente en tarefas sociais hoxe en día: CARITAS. Nos anos cincuenta as axudas que realizara a Acción Católica son levadas a cabo por Caritas Española de Acción Católica (Junta Diocesana), ata que co tempo xurdiría Caritas coma organismo máis autónomo.
Por dignidade e respeto, claramente omito citar nomes, pero podo dicir que no Nadal de 1957 repartironse na zona da vila 29 ceas de nadal. E en Febreiro dese mesmo ano 100 kilos de leite en po e 60 kilos de queixo (coma di a factura: ¨”estos víveres, de conformidad con sus instrucciones, serán entregados sólo a necesitados, y siempre gratuitamente”, no cobrando por ellos ni el importe de los portes y no pudiendo ser vendidos ni cambiados bajo ningún pretexto”).
En 1958 chega a As Pontes a seguinte carta de Caritas Diocesana coas instruccións para o repartimento do leite e do queixo:
CARTA DE CARITAS ESPAÑOLA DE A. C. AYUDA SOCIAL AMERICANA (N.C.W.C.)
Factura-Caritas.jpg

Transcripción:
“El Ferrol del Caudillo, 3 marzo 1958.
Magdalena, 151 al 155
Sr Director de Caritas Interparroquial
Puentes de García Rodríguez
Muy distinguido señor en Jesucristo:
Ha sido en mi poder nota de la constitución de esa querida CARITAS, para la distribución de la A.S.A. en esa villa.
Todo está bien. En cuanto al parte, tengan en cuenta para sucesivos pedidos reflejar, la existencia que posean en fin de último de mes, si la tienen, teniendo en cuenta que deben estar en mi poder el último de mes, para incluirles en el pedido de Madrid. Para que empiecen a funcionar, les mando de nuestro servicio, lo que la nota indica que pueden mandar a recoger cuando gusten.
Tengan muy en cuenta, que la leche sea diluída y las raciones de queso, de cada bote saquen doce raciones ó menos si ustedes lo juzgan conveniente. La leche será diluída a un 8% ó un 9.
Le incluyo partes para el próximo mes y han de ser firmados y sellados, ya que así lo exigen en Madrid.
Como ya le dije a V.R., si tuviese dudas, tenga la bondad de pedirme aclaración, para que funcione bien.
Quedo suyo aftmo. en Cristo:
Antonio Ruiz Sánchez
S. y Gerente de Caritas Diocesana
para la Ayuda Social Americana.
Si ven ustedes que no les llegase para el mes, pidan más.
El reparto de la leche pude ser (cantidad) según las necesidades de cada beneficiario ó situación económica.
Nosotros aquí damos: Hasta una familia de 4 bocas, litro y medio diario, de más bocas dos y tres litros”.

A CATEQUESE DE AS PONTES
Nenos e nenas acudían á catequese, nos anos corenta, en grupos separados. Os rapaces, con fama de temibles, formarían grupos sempre máis pequenos que os de nenas. Por outra parte, todos tiñan que aprender moitísimas cousas de memoria, preguntas e respostas, ainda que moitas ensinanzas realizáronse, en As Pontes, por medio duns curiosísimos posters catequéticos, dos que se conservan máis de trinta nos fondos parroquiais, e que trataban de contar a historia sagrada e os contidos doutrinais por medio de imaxes.
EXEMPLO GRÁFICO DE IMAXE PARA A CATEQUESE
imaxe-catequese.jpg

E non so iso, senón que os rapaces debían seguir unha Misa que o crego todavía oficiaba de espaldas e que seguían en latín, ás veces por medio da seguinte folliña, na que pouco máis estaba posto en cristián ca “por favor, no se lo lleve de la Iglesia”:
FOLLIÑA DE MISA PARTICIPADA EN LATÍN
misa-participada-1.jpg
misa-participada-2.jpg

Os grupos de catequese de nenas eran os que siguen:
GRUPO 1
Catequista: Antonia Iglesia
1. Maruja Cendán
2. Angelita Blanco
3. Luz Vila Vidal
4. Soledad Fernández
5. Carmen Iglesias
6. Guillermina Bellas
7. Marciala Iglesia
8. Fina Castro
9. Marciala López
10. Candelaria Fernández
11. Carmen Baamonde
12. Remedios Romero
13. Remedios Bellas
GRUPO 2
Catequista: Carmen Vázquez
1. Celia Ramos
2. Francisca Varela
3. Manuela Vilasuso
4. Anita Vázquez
5. Manola Blanco
6. Raimunda Castro
7. Carmen Pellón
8. Josefa Freire
9. Luz Seoane
10. Maruja Vilaboy
11. Segunda Freire
12. Antoñita Cobelo
13. Luz Villanueva
GRUPO 3
Catequista: Pilar Méndez y Esperanza Ferro
1. Lidia Baamonde
2. Palmira Cendán
3. Carmen Domínguez
4. Segunda Ferreiro
5. Luisa Adalid
6. Florinda Carballo
7. Candelaria López
8. Carmen Alende
9. Rosario Cabarcos
10. Carmen Teijeiro
11. Ester Valin
12. Pura Sánchez
13. Remedios Novo
14. Maruja Gregorio
15. Consuelo Ferreiro
16. Carmen Vérez
17. María Vidal
18. Elena Sillero
19. Ana Dopico
20. Josefa Cendán
21. Josefa Romero
22. Carmen Carballo
GRUPO 4
Catequista: Josefa Vivero
1. Manuela Arias
2. Pura Porriños
3. Manola Piñeiro
4. Josefa Barro
5. Carmen Roca
6. Maruja Cabarcos
7. Carmen Seco López
8. Aurora Pernas
GRUPO 5
Catequista: Carmen S. Rego
1. Herminia López
2. María Ramos
3. Carmen Novo
4. Candida Casás
5. Pilar Silva
6. Carmen Rivera
7. Sagrario Baamonde
8. Lolita Blanco
9. Victoria López
10. Filomena Castro
11. Mercedes Castro
12. Marina Carro
13. Carmelina Yánez
14. América Lage
15. Manola López Carballeira
GRUPO 6
Catequista: Mª de los Ángeles Seoane
1. Sagraria Valin
2. Mercedes Domínguez
3. Manola Ferreiro
4. Otilia Seoane
5. Carmen Fernández
6. Lola Fernández
7. Felisa Ramos
8. Fina Cebreiro
9. Fina (la del Comercio)
10. Maruja L. Galdo
11. María del Carmen Piñeiro
GRUPO 7
Catequista: Generosa Ríos (probablemente dividiuse con máis catequistas)
1. Lucita Pico
2. Carmen de la Mourela
3. Lola de la Mourela
4. Antoñita
5. Teresa Otero
6. Consuelo Otero
7. Maruja Ledo
8. Carmen Otero
9. Paca Tojeiro
10. Cándida Tojeiro
11. Evangelina Bernate
12. Lucía Bernate
13. Laura Criado
14. Manola Bello
15. Eduviges Piñeiro
16. Geluca Lorenzo
17. Mercedes Lorenzo
18. Carmen Corral
19. Laura Criado
20. María Pena
21. María Dopico
22. Dolores Pita
23. María Pita
24. María del Carmen Bernal
25. Manuela Ledo
26. María Seco Soto
27. Dorinda Nieto
28. Carmen Nieto
E os grupos de rapaces foron:
GRUPO 1
Catequista: Ricarda Rivera – Virginia Ledo
1. Antonio Corral
2. Domingo Corral
3. José Fernández
4. José Bellas
5. Paco Bellas
6. Fernando Blanco
7. Antonio Casás
8. Alberto Carro
9. Manolo Sánchez
10. Eladio Vázquez
11. Secundino Bellas
12. Manolo Vázquez
13. Jerónimo López
14. Julio Vila
15. José Vázquez Cortiñas
16. José Baamonde
17. Guillermo Baamonde
18. Arturo Pajón
19. Manuel Domínguez
GRUPO 2
Catequista: Sara Bellas
1. José Cortiñas
2. José Ledo Bellas
3. Román Jaspe
4. Antonio Fernández
5. José López
6. Manolo Blanco
GRUPO 3
Catequista: Laudelina Fernández
1. Evangelino González
2. Julio Domínguez
3. José Pico
4. José Valin Jaspe
5. Manuel Vilaboy
6. Amandino Tojeiro
7. Moncho Tojeiro
GRUPO 4
Catequista: Mª del Carmen Lens
1. José González
2. José López y López
3. Rodrigo López
4. José Lage
5. Jesús Bellas
6. Evelio Seoane
7. Sergio Bellas
8. Artemio Casas
9. Servando Fraga
GRUPO 5
Catequista: Milagros Ferreiro
1. Manuel Rivera
2. Luis Baamonde
3. Bernardino Sillero
4. Miguel Vázquez
5. Adolfo Travieso
6. Antonio Arias
7. Antonio Valin
8. Alberto Domínguez
GRUPO 6
Catequista: Lolita Romero y Luz Alende
1. Tucho Villanueva
2. Luis Arias
3. Pepito Vázquez
4. Daniel Casás
5. José Valin
6. José López
7. Nemesio López
8. José Rouco
9. Raimundo Fernández
10. Manolo López
11. Pepe Penabad
GRUPO 7
Catequista: Nieves Carro y Carmen Fernández
1. Pepe López Rouco
2. Pepe Sánchez
3. Antonio Baamonde
4. José Rochela
5. Antonio Rochela
6. José
7. Francisco Silva
8. Eladio Otero
9. Vicente Ledo
10. Narciso Lorenzo
11. Antonio López Rivera
12. Manolo Vila Vidal
13. Argemiro Piñeiro
14. Ignacio Varela
15. Paco Adalid
16. José María Romero
17. –
18. –
19. Antonio Lozano
20. –
21. Alfonso Illade
22. AntºExposito
23. Paco Penabad
24. Jesús Penabad
25. Fernando Ferreiro
26. Alfonso Fresco
27. Jesús –
28. Pepito Penabad
29. Manolo de Bernal
30. Servando Antón
31. Angel Ferreiro
32. –
33. Silverio Varela
34. –
35. –
36. –
O CHOCOLATE NA CATEQUESE
FOTO DA FESTA DA PRIMEIRA COMUNIÓN CO CHOCOLATE (Anos 60)
Foto-chocolate.jpg

Unha das actividades famosas da catequese en As Pontes era a da festa do Chocolate, que en moitas ocasións se relacioa coa primeira comunión.
Tomando un café na cafetería da Capela do Carme, a pasada semana, fixábame nunha foto que teño ollado moitas veces dunha chocolatada na Vilavella que se corresponde ás seguintes anotacións de gastos da catequese parroquial por aquela época:
“Año de 1923
Abril Ingresos
Donativos para el chocolate de los niños
(aparecen 9 señoras, non se citan os nomes)
Total: 62, 50 pts
Diciembre. Recolectado por las catequistas: 126, 75 pts
Por una señora: 60 pts
Otra señora: 40 pts
Sobrante del chocolate: 0, 75 pts
TOTAL: 227, 50 pts
Una señora 4 varas género blanco
Una señora 2 varas género color
Una señora varios encajes
(siguen as contas e firma o párroco: José María Rivas Rivas. As contas continúan neste estilo ata o ano 1927 en que firma o crego Celso Castro López coma rexente e Crescencia López coma tesoureira. )”.

Ata aquí chega este artigo de hoxe. Penso que me vou para a cama, porque vai sendo hora, que senón os Reis vanse enfadar… i esquecer de min. Eu xa lles puxen o viño e a auga para os camelos (dromedarios). Non é que lles pedira moito pero… xa non son horas de deitarse, ata os lunnis están xa na cama de luna lunera. Un desexo final, que no ano que hoxe comeza vos traian moitas e boas cousas.
Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico

También podría gustarte
Comentarios