Festa das Letras Galegas no Deveso

[RTVi-As Pontes] E esta fin de semana concluiron nas Pontes os actos enmarcados na programación das letras galegas. A Asociación de Veciños Asunción do Deveso celebrou con este motivo unha comida de fraternidade, ademáis de distintas actividades de carácter cultural.

deveso.jpg


A bonanza climática da fin de semana permitiu que onte se achegaran ata a parroquia do Deveso un bo número de veciños e descendentes deste lugar, para celebra-la Festividade das Letras Galegas. Un grupo de gaiteiros da Banda de Gaitas Alfaia interpretou no atrio da Igrexa un completo repertorio de música da nosa terra. Escoitando esta actuación atopámonos con xente de tódalas idades desde nenos de moi corta idade e ata outros máis maiores. E é que o día se prestou para saír da casa e participar desta celebración, na que tamén se deron cita varios responsables municipais, encabezados polo alcalde Víctor Guerreiro.
Trala actuación de Alfaia celebrábase un xantar de fraternidade, no que o churrasco foi o protagonista indiscutible. Os comensais, preto duns setenta, acomodáronse á sombra e disfrutaron os distintos pratos cociñados pola asociación de veciños Asunción.
E como colofón, tralo xantar, os participantes na Festa asistían á representación teatral da obra A lenda de Xoan Bonome, a cargo da compañía pontesa Quemaisten Teatro.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios