Festival solidario escolas de baile moderno

As representacións serán o vindeiro venres 27 ás 20:30h e sábado 28 ás 18h e 20:30h. Nesta ocasión a “ENTRADA SOLIDARIA” faise para facilitar aos xóvenes en situación desfavorable produtos de aseo e coidado persoal.

A escola municipal de baile do Concello das Pontes e a Cía de teatro O Catre; realiza o vindeiro venres 27 ás 20:30h e sábado 28 ás 18h e 20:30h, representacións do espectáculo adicado ao afamado coreógrafo “FOSSE” para colaborar cun fin social. Nesta ocasión a “ENTRADA SOLIDARIA” faise para facilitar aos xóvenes en situación desfavorable produtos de aseo e coidado persoal.

A retirada de invitación a estes espectáculos farase entregando na taquilla un produto de limpeza facial, peiteado, afeitado, depilación etc… .

Retirada de invitacións aos espectáculos na taquilla do auditorio:
Sábado 21 de 10.30-12h invitacións para os espectáculos do sábado 28
O luns 23 de 17 a 19h para o espectáculo do Venres 27

A taquilla estará aberta tamén unha hora antes de cada función.

Nova cortesía do Departamento de Cultura

También podría gustarte
Comentarios