Fin de semana do Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes

Este fin de semana o clube de piragüismo local achegouse ata a localidade ourensá de O Barco de Valdeorras para disputar a derradeira regata da Copa Xunta de ríos e travesías, o “Descenso do Sil”, unha regata de gran dificultade pola cantidade de rápidos que ten, pero a vez moi emocioante.
O clube desprazou cinco embarcacións, e acadou un salientable 12º posto na clasificación final, a pesar dos contratempos sufridos tanto polo k2 home cadete, que volcou duas veces,e a pesar desto Walisson Da Silva e Pablo Moreno acadabaron un máis que meritorio 3º posto, tamen Ricardo Estévez afundía o seu C1, o que lle impedía entrar en control na categoría de home senior C1, onde Hernán Fernández se facía co 8º posto, e xa na categoría senior Ernesto Gancedo daba tamén cos seus osos na auga imposibilitando a súa entrada en control na esixente categoría home senior k1, onde o padeeiro pontes Antonio Polo Campello (deportista bolseiro do Concello de As Pontes) engadía unha nova muesca o seu palmares o acadar a victoria por escasos centímetros sobre o local Jesús Rodríguez.
Polo-k1.jpg

También podría gustarte
Comentarios