Fin de semana de competicións para os piragüistas ponteses
Por unha banda, o equipo de kayak-polo desplazouse ás instalacións da Malata, Ferrol, para desputar o primeiro torneo da liga galega de Kayak-Polo, onde acadaron a 6ª praza, nun torneo que venceron os locais do Copacabana.
Parte do equipo de pista participou no Campionato de España de Inverno, en Sevilla cos seguintes resultados:
Carlos Duran Iglesias: k1 cadete 2000m, 71º
David Tonislavov Damianov: k1 junior 2000m, 56º, 5000m 62º
Antonio Polo Capello: k1 veterano 35/39 años, 4º; k1 senior 2000m, 34º; k1 senior 5000m, 60º
Jose Antonio Menendez Lolo: k1 veterano 35/39 años, 35º
Serafin Fontao Castro: k1 veterano 40/44 años, 13º
Ernesto Gancedo Herreras: k1 veterano 40/44 años, 26º
Por clubes, no campionato de veteráns o Xuvenil rematou no posto 21º.
En dúas semanas continúa a competición co Campionato Galego de K2 sobre 5000m, e o primeiro torneo da Liga Nacional de Kayak-polo.
Nova cortesía de Ernesto