FINAL COPA AFACO XUVENIL: SD CULTURAL MANIÑOS 1 – CD AS PONTES 8

O Xuvenil consigue o 69º título da canteira pontesa.

O xuvenil pontés gañou este sábado a Copa Afaco tras golear 1-8 ó equipo locatario da Cultural Maniños.

O equipo fenés chegaba á final tras desfacerse do seu veciño Perlío, e do Narón na semifinal, mentres os ponteses venceran anteriomente a Amistade de Meirás e Galicia de Mugardos.

Pero o encontro deste sábado non tivo cor, xa que o conxunto de Felipe Mieres resolveu o título nos primeiros 45 minutos.

Adiantáronse nunha xogada na que tras unha mala cesión dun defensor, aproveitou Josiño para marcar de forte disparo por baixo (11). Cun golazo de falta polo escuadro de Cristian (19´) semellaba poñer terra de por medio o equipo hoxe completamente azul, pero Samu recurtaba distancias cun gol de cabeza (21´).

Posteriormente anotaba Andrés tamén dun forte disparo de falta (23´), e nunha xogada na que se incorpora por banda o hoxe lateral dereito Carlos, anticípase e marca ante a saída do porteiro (26´).

Cun desafortunado tanto de cabeza en propia meta dun defensa (33´) quedou sentenciado o encontro, aínda que noutra falta, desta vez Jaime, poñía o 1-6 tras anotar polo primeiro pau (36´), marcador que redondeaba Pita con un remate dende o borde da área tras un rexeite que entra por baixo (40´), e o capitán Iago Vázquez, que marcou un golazo polo escuadro (43´).

Resaltar neste primeiro período dous paradóns de Lino, un disparo alto de Cazás (6´), dous de Iago (15´ e 39´) e unha cabezada de Cristian que marcha lamendo o pau (28´).

O segundo período estivo de máis, e simplemente serviu para dar minutos ós hoxe suplentes. Resaltar algunha aproximación local ben contida pola defensa, e dúas chegadas de Derick, unha sacouna un defensa baixo paus, e noutra, nun man a man, o porteiro atalloulle o balón.

Xogaron Lino, Carlos, Fraga, Bruno (Antonio 55´), Unai, Andrés (Chema 45´), Iago, Jaime (Derick 45´), Cristian (Manuel Romero 45´), Josiño (Alex Barro 45´) e Cazás.

Consigue así o equipo xuvenil o 69º título da canteira pontesa a nivel comarcal e a súa segunda Copa Afaco. O outro triunfo pontés databa do estreo desta competición en 2010, cando gañara na final ó Numancia de Ares, 4-2.

As categorías inferiores do CD As Pontes suman 6 Ligas e 1 Copa de Ferrol Xuvenil, ademais de 2 Copas Afaco, tamén 5 ligas e 5 Copas de Ferrol en categoría Cadete, outras 9 Ligas e 9 Copas de Ferrol, ademais de 3 Copas Afaco, en categoría infantil, 12 Ligas e 11 Copas ferrolás en Alevín, 2 Ligas Benxamíns, 2 Ligas Prebenxamíns, e o feminino suma 1 Liga Comarcal e 1 Copa Afaco.

COPA AFACO XUVENIL 2017

PRIMEIRA FASE

GRUPO A
1º CD AS PONTES – 3
2º EF Amistade de Meirás – 0

GRUPO B
1º CD NARÓN – 6
2º SD Rápido de Neda – 3
3º Narón O Freixo – 0

GRUPO C
1º SDC GALICIA DE MUGARDOS – 4
2º SDR Numancia de Ares – 4
3º AD Miño – 0

GRUPO D
1º CULTURAL MANIÑOS SD -3
2º CCRD Perlío – 0

SEMIFINAIS
CD Narón 2 (5) – CULTURAL MANIÑOS SD 2 (6)
CD AS PONTES 5 – SDC Galicia de Mugardos 2

FINAL
Cultural Maniños SD 1 – CD AS PONTES 8

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios