XXV MEMORIAL CARLOS FORNOS – VII TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

O Grupo Xuvenil logrou a plata en Veteranos

Na mañá deste domingo disputouse no Lago de As Pontes o tradicional Memorial Carlos Fornos, que alcanzaba a súa 25º edición, e tamén sétimo trofeo Jose Ramón Corral, puntuable ademáis para as Ligas Galegas, na que participaron máis de 400 kaiakistas e canoístas.

A pesar de estar en pleno mes de Xuño, sobre todo os competidores, pero tamén público e fotógrafos por momentos tiveron que facer auténticos malabarismos para seguir a proba, dada a choiva torrencial que caeu nalgúns intres.

Polo Lago pontés pasaron deportistas de quilates, coma o Campión Europeo de Maratón e ex compañeiro de Borja Prieto no K4 español, Diego Piña, o doble subcampión mundial de Maratón, Diego Romero, ou o subcampión mundial de C1 5000, Jose Luis Bouza.

Por parte local salientar a plata en K4 veteranos de Serafín Fontao, Jose Antonio Menéndez, Jose Ángel Pico e Ernesto Gancedo. Cuarta praza na mesma proba para Carlos Pedreira, Jose Manuel Ferreira, Jesús Alén e Antonio Polo.

O K4 xuvenil de Manuel Fernández, Manuel Alén, Martín García e Miguel Domínguez foi quinto e o K4 Senior de Rubén Basanta, Xose Guerreiro, Carlos Durán e Adrián Paz foi décimo sétimo.

Entregaron as diversas medallas e trofeos, a viuva de Carlos Fornos, os pais de Jose Ramón Corral, o Presidente da Federación Galega Jose Alfredo Bea, o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e o Presidente do Grupo Xuvenil, Ernesto Gancedo.

Moi boa organización do Grupo Xuvenil no evento amenizado por Xalo Maira, o único pero, tradicional nas competicións piraguísticas, son os minutos que pasan dende o remate da derradeira proba ata a entrega de trofeos, por mor das reclamacións, que se fan eternos na hora do xantar.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios