Amigus
As Pontes

Final de curso de baile moderno, danza clásica e Flamenco

Nesta ocasión a Escola municipal de danza homenaxea a Bob Fosse (1927-1989) bailarín, coreógrafo e director de cine e teatro. As sesión serán o venres 1 de xullo as 20:30 o festival dos pequenos e o sábado 2 de xullo ás 18:00h o festival dos maiores.

Nesta ocasión a Escola municipal de danza homenaxea a Bob Fosse (1927-1989) bailarín, coreógrafo e director de cine e teatro. Desenvolveu un estilo de baile moi persoal e recoñecible, con mini movementos perfectamente sincronizados; con uso de bastóns, sillas e bombíns que deron paso a un novo xeito de cine musical.

Cabaret foi a súa consagración como cineasta, obtivo un Oscar como director (frente a Coppola e o Padriño), “Chicago”, “Sweet charity” e “all that jazz” foron outros afamados traballos nos que participou. Cunha escolma das súas coreografías rendimos tributo a este coreógrafo con estilo propio e que serviría como referente, anos despois a Michael Jackson e Beyonce.

Dirección: Jaime Pablo Díaz
Dirección de escea e cantante: Bea García
Profesores e coreógrafos: Inés Vieites, Alba Vázquez, Jaime P. Díaz.
Coreógrafo invitado: Víctor Molina
Grupo de teatro: O catre
Bailaríns: 206 alumn@s da Escola municipal de baile moderno, danza clásica e Flamenco do Concello das Pontes.
Iluminación: Antón cabado
Escenografía e axudantes de dirección: Dpto de cultura
Producción: Concellería de Cultura do Concello das Pontes

DATAS: venres 1 de xullo 20:30h (festival dos pequenos)
sábado 2 de xullo: 18:00h e 20:30h (festival dos maiores)

As invitacións estarán dispoñibles para TODO O PÚBLICO, o venres 1 de 12:00 a 13:30h no Auditorio M. Cine Alovi.

Nova cortesía do Departamento de Cultura do Concello de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios