O equipo infantil dirixido por Iván Rodríguez trouxo a As Pontes un regalo de Nadal anticipado tras impoñerse na quenda de penaltis o equipo ferrolán do Portuarios, tras un partido moi sufrido no que empataron apenas faltando un minuto e medio e impuxeronse tras 14 lanzamentos de penalti. Con moito sufrimento, vai no Adn do fútbol pontés, pero un título de moito mérito, eliminando a grandes rivais, e que se celebra por todo o alto
Título numero cincuenta e sete para as categorías inferiores do CD As Pontes, 32 Ligas de Ferrol (5 Xuvenil, 5 Cadete, 9 Infantil, 10 Alevín, 2 Prebenxamín, 1 Feminino) e 25 Copas de Ferrol (2 Xuvenil, 4 Cadete, 8 Infantil e 11 Alevín).
Os primeiros corenta minutos foron de tanteo e moito respeto por parte de ambos equipos, ademáis dos nervios e agarrotamentpo propios dunha final.
O As Pontes quedou ás beiras nas súas ocasións dentro da área, por dúas veces Pita levouna coa cabeza sen chegar a controlar, a Josiño escapaselle un balón, e Adrián e Ayrton non chegan por pouco. Os ferroláns tamén tiveron as súas, unha indecisión entre Martín e Lino, un remate de cabeza tras saque de córner que se vai por pouco por riba do longueiro ou o seu dianteiro que queda so ante Lino, pero o seu disparo sae a rentes do pau.
No comezo do segundo tempo puidose adiantar o As Pontes, Andrés Pita controla dous balóns dentro da área, quedase so, pero os seus remates son desviados en sendos paradóns co corpo a bocaxarro por parte do gardamallas visitante (41´ e 43´). Tamén Josiño tivo a súa, cando se lle escapa o balón ó porteiro por mor do mollado do campo, aproveitase Josiño, que controla e o seu remate á reviravolta vai fora por pouco (50´). Entremedias no 47´ tamén salvou unha ocasión Martín baixo paus.
Foi no 53´ cando se adiantaron os ferroláns cun lanzamento de falta, un zambombazo do seu número 16, Joel, que se cola por riba, un xarro de auga fría para os azuis.
O As Pontes buscou a igualada indo a polo gol e facendo varios cambios de perfil atacante, un centro de Andrés Pita pasease pola área (64´), Jandro controla dentro da área e dispara por alto (66´). Tamén puido sentenciar o Portuarios por medio dunha vaselina que saiu por moi pouco (69´).
Cando todo semellaba perdido, a falta de un minuto e medio para o final, o gran Sergio Otero, lanza unha falta, o balón pasa polo medio de varios xogadores sen que ninguén consiga rematar, e acaba dentro (78´).
No posterior tempo de desconto aproximacións por parte de un e outro equipo sen conseguir desnivelar o marcador e como so podía gañar un, asi se chegou ós penaltis.
Lino estivo bravo e paroulles dous ós ferroláns, e anotaron Andrés, Otero e Ayrton, e cando todo parecía a favor do cadro azul, pois ó Portuarios so lle quedaba unha opción, marcar os seus dous últimos penaltis e que o As Pontes fallara os seus dous lanzamentos, asi foi como aconteceu, marcaron eles, e fallaron Alex e Martín, que no seu último e decisivo penalti, desviou o porteiro, o balón foi ó poste, e saiu. Anteriormente, o cuanrto do Portuarios bateu no longueiro e acabou entrando.
Asi os penaltis foron á morte súbita, anota o Portuarios, tamén Jandro, para Lino o seu terceiro penalti, e a responsabilidade quedaba nos pes do miúdo Sergio Fraga, que non se amilanou, e conseguiu o tanto de penalti que lle outorgaba ó As Pontes o seu 25º título de Copa nas categorías inferiores ante a algarabía dos azuis e a desolación do cadro ferrolán que acabou segundo porque so podía gañar un equipo.
Xogou por parte do cadro de Iván Rodríguez unha aliñación que quedará marcada pra a historia, Lino, Sergio Cazás (Antón 71´), Martín, Alex Fernández, Esteban, Adrián (Jandro 63´), Andrés Pita, Ayrton, Jorge (Alberte 60´), Sergio Otero e Josiño (Sergio Fraga 74´). A gran gardameta Malena completaba o banquiño.
Goles: 1-0, Joel (53´), 1-1, Sergio Otero (78´).
Penaltis: Para Lino. 0-1, Andrés Pita. Gol, 1-1. 1-2, Sergio Otero. Para Lino. 1-3, Ayrton. Gol, 2-3. Falla Alex. Gol, 3-3. Falla Martín. Gol, 4-3. 4-4, Jandro. Para Lino. 4-5, Sergio Fraga.
COPA INFANTIL FERROL 2012-13
GRUPO A
1º PORTUARIOS – 33 puntos
2º Ortigueira – 30 puntos
3º Galicia Caranza B – 25 puntos
4º O Val – 24 puntos
5º Narón BP B – 18 puntos
6º Numancia de Ares – 16 puntos
7º Ánimas – 13 puntos
8º Perlío – 12 puntos
9º Racing San Pedro -12 puntos
10º EFR Ferrol – 10 puntos
11º Miño – 3 puntos
12º Amistade Meirás – 0 puntos
GRUPO B
As Pontes 13 – Portuarios B 0
Meirás 0 – As Pontes 5
As Pontes 3 – Eume 0
Rápido de Neda 0 – As Pontes 7
As Pontes 6 – Cedeira 1
EFG Caranza 1 – As Pontes 10
As Pontes 4 – Racing de Ferrol 4
Narón BP 2 – As Pontes 6
As Pontes 9 – San Sadurniño 1
Galicia Mugardos 0 – As Pontes 21
As Pontes 11 – Cultural Maniños 0
1º AS PONTES – 31 puntos (+86)
2º Racing de Ferrol -31 puntos (+83)
3º Narón BP -27 puntos
4º Eume – 24 puntos
5º Cedeira -18 puntos
6º Portuarios B – 18 puntos
7º Cultural Maniños – 15 puntos
8º Galicia Mugardos – 12 puntos
9º EFG Caranza – 9 puntos
10º Meirás – 6 puntos
11º San Sadurniño – 3 puntos
12º Rápido de Neda – 3 puntos
FINAL
Portuarios 1 (4) AS PONTES 1 (5)
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.