Vitoria e título merecido o conseguido polo cadro valexo ante o As Pontes na final da copa da Asociación de Fútbol da Comarca disputada onte no campo da Gándara, de Pontedeume ante uns cen espectadores en tarde de sol. Ó remate do encontro o marcador foi de 3-1 a prol do Val. Dirixiu o partido Bejarano Estepa, de Ferrol.
O equipo de Narón converteuse na besta negra do As Pontes nos tres últimos anos. En 2011 o Val venceu ó As Pontes na final da Copa de Ferrol, tamén por 3 a 1; no 2012 os valexos eliminaban ó As Pontes nas semifinais do mesmo torneo (0-0 e 0-2). Neste ano 2013 chegaron a ser verdugos ata por tres ocasións, clasificáronse para a final da Copa de Ferrol que xogaron contra o Galicia de Caranza tras quedar na fase de grupos por diante do As Pontes e imposibilitaron ós azuis xogar a fase do ascenso, a pesar do empate a puntos, e onte gañáronlle na final da copa da asociación de fútbol na final disputada en Pontedeume.
No encontro de onte o conxunto valexo tivo máis chegada e máis ocasións e rapidamente se marchaba no marcador con dous goles de Simón, o mellor xogador do partido, nos minutos 6 e 16. Antes de chegar ó descanso David Rey acurtaba distancias (min. 32) para os azuis, pero mediado o segundo tempo, Alberto conseguía no minuto 60 marcar o tanto da sentencia definitiva.
Con este título, o conxunto do Val consegue a súa terceira copa da temporada, tras vencer tamén nas copas de Ferrol, tanto alevín coma benxamín.
Polo Club Deportivo As Pontes xogaron: Ángel, Alberto, Jorge, Alex Blanco, Caínzos, Iván, Alex Fernández, Brais Blanco, David Rey, Nahúm e Roberto, entrando no segundo tempo Iago, Brais Martínez e Óscar.
Os xogadores do Val saltaron ó terreo de xogo cunha camiseta dando ánimos ó seu compañeiro Álvaro, que recentemente fracturouse unha perna. O capitán do seu equipo agasallouno cunha camiseta. Representantes da Asociación de Fútbol entregaron os trofeos ós capitáns dos dous equipos.
COPA AFACO CADETE 2013
Grupo A
1º Eume Deportivo
2º Numancia de Ares SDR
3º Galicia de Mugardos
Grupo B
1º CCRD Perlío
2º Cultural Maniños SD
3º AD Miño
4º SD Rápido de Neda
Grupo C
1º SD O Val
2º Narón BP
3º Meirás CF
Grupo D
1º CD As Pontes
2º UD Cebarca
3º FC Ortigueira
4º CD San Sadurniño
Semifinais
CCRD Perlío 0 SD O Val 3
Eume Deportivo 3 – CD As Pontes 2
SD O Val 4 CCRD Perlío 2
CD As Pontes 3 Eume Deportivo 2 (Por penaltis, 3-2)
Final
SD O Val 3 CD As Pontes 1
Nova cortesía de J. Blanco, X. Ferreiro e AF