Final da Liga Galega de Equipos nas Pontes

Na tarde do sábado 17 terá lugar a última xornada da Liga Galega de Equipos organizada pola FGTA e, nesta edición, coa colaboura do Clube Sílex. Coma nas anteriores xornadas desputarase no pavillón municipal das Pontes, que abrirá as portas ás 16:00 horas para a recepción das arqueiras e dos arqueiros participantes, así coma para o público que queira disfrutar deste deporte dende a grada.
A competición comezará ás 17:00, e terá un formato de enforntamentos directos. Os catro primeiros equipos de cada grupo da fase clasificatoria enfrontaranse dende cuartos de final para decidir o podio e conseguinte gañador desta edición de Liga Galega. Os outros dous equipos que non pasaron o corte en cada grupo tamén terán as súas eliminatorias para decidir os postos do noveno ao duodécimo.


O equipo do Clube Sílex, que acadou o primeiro posto do grupo 1 terá o seu primeiro enfrontamento contra os arqueiros de Arc-Teixo que remataron cuartos no grupo 2. No caso de gañar dita eliminatoria tería como posible rival en semifináis aos compoñentes de Arco Ferrol se estes gañan o seu enfrontamento de cuartos de final. Así os seis compoñentes do equipo pontés, Cristina Castro, Daniel Castro, Miguel Alvariño, Javier Vázquez, Pablo López e Carlos Romero, irán con toda a ilusión e bo facer para deixar o título de campións nas Pontes.
Agárdase unha boa tarde con grandes arqueiros e arqueiras galegos que porán o colofón a esta Liga Galega de Equipos 2012 que esta tendo un moi bo nivel entre os equipos de cabeza.
Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios