Finlandia acolle en agosto a sétima edición do campionato mundial de lanzamento de móbiles

Lendo codigocero.com:
“En España xa hai máis móbiles que habitantes. Nada novo, xa o sabemos. Porén, o que non sabiamos é o que se fai con tanto teléfono por persoa. Iso de chegar a unha cafetería e poñer os tres terminais enriba da mesa indicándolle ó camareiro (que olla con face de arrepío) que un é para chamar nós, outro é para que nos chamen porque está sen saldo e outro é para falar coa nosa nai, que estamos duados… é algo que só fan un par de persoas coas que te atopas en contadas ocasións (grazas a Deus). “…


…”Que fai entón o resto da humanidade con tanto móbil? Podería ser que lles procure novos usos, por exemplo, como cuña para unha mesa coxa ou simplemente como proxectil, para arrebolalo contra algunha parede nun momento de carraxe irracional (de ser posible, nunca como arma para agredir a terceiros, coma Rusell Crowe ou Naomi Campbell). E logo tamén hai xente que emprega os móbiles que sobran para facer deporte. Vémolo en CanalPDA.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios