Foliada de Febreiro

Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.
Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en público. O grupo formase basicamente coa idea de fomentar un pouquiño mais o canto popular da nosa comarca, pois actualmente pensamos que non pasa polo seu mellor momento.
Ao remate das actuacions programadas seguirá a festa con repichoca a esgallo para quen queira participar, traede os instrumentos.


23CartelFoliada_Febreiro_09.jpg

También podría gustarte
Comentarios