Amigus
As Pontes

FORO LOCAL: GALICIA A DEBATE

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A Asociación Cultural “Choiva Ázeda” (As Pontes), complácese en informarvos do FORO LOCAL: GALICIA A DEBATE, que se levará a cabo este sábado, día 11, ás 20 h. na Casa Dopeso (As Pontes).
Este debate surxe na nosa asociación, como unha actividade democrática (e sen ningunha finalidade partidista) dentro do proceso das eleccións o parlamento galego, e presentámo-lo como unha alternativa áos mitíns electorais, xa que non fomentan a diversidade de ideas nin a participación dos cidadáns.


Neste foro-debate, participarán todos os partidos locais (BNG, AMIGOS DAS PONTES, PSOE) e un representante de EU de Ferrolterra. O Partido Popular aínda non confirmou se finalmente acudirá, pero desexamos que o faiga próximamente.
Tamén estarán representados tódo-los sindicatos con presencia no noso Concello (CC.OO., UXT, CIG, SINDICATO LABREGO).
E por último, a mayor parte das asociacións locais (culturais, sociais, xuvenís, veciñais, etc.).
O debate será moderado por dous socios de Choiva Ázeda e comprometémonos a reparti-lo tempo das intervencións equitativamente entre tódo-los presentes que queiran intervir.
A finalidade deste debate, e normalizar as discusións e as reunións entre os cidadáns das Pontes; facer un foro no que calquera teña a posibilidade de expresar as súas ideas e inquedanzas no ámbito público, e por qué non, buscar e atopar solucións os problemas e situacións que nos afectan a tod@s no noso Concello e no noso país.
Animámovos e solicitámosvos que divulguedes esta información, para que haxa unha alta participación da cidadanía, o que sería un grande éxito para tod@s.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios