FOTOS. CATRO FUTBOLISTAS DO CD AS PONTES NOS PARTIDOS DA SELECCIÓN COMARCAL DE FERROL

As seleccións de Ferrol participaron onte na segunda xornada do Trofeo Caixa Galicia nos partidos xogados pola tarde nos campos da Gándara.
A selección xuvenil sub17 conseguiu a única victoria, por 3-2 ante a selección de Santiago, con protagonismo pontés, pois tanto o medio centro Juan Prieto, o extremo esquerdo Alex Cabarcos e o dianteiro de Cerdido Javi Álvarez xogaron desde o inicio. De feito Javi amosou o seu instinto goleador anotando o segundo e o terceiro gol. Pablo Ramos anotou o primeiro. Trala derrota a primeira xornada contra Pontevedra (3-2), os de FerrolTerra suman os seus tres primeiros puntos.
sel-ferrol_santiago-001.jpg


A selección cadete sub15 pola súa banda perdeu 0-1 coa selección santiaguesa á que lle bastou un solitario gol no primeiro minuto pra levarse os tres puntos a pesar das ocasións do cadro local no transcurso do partido. Os ferroláns gañaron no primeiro encontro 1-2 a Pontevedra polo que suman unha vitoria e unha derrota. O habitrual convocado pontés nesta categoría, o dianteiro David Rey non foi convocado por mor dunha leve lesión da que xa se está recuperando.
Pola súa banda a selección alevín sub12 de fútbol 7 perdeu contra a súa homóloga de Santiago por un claro 1-4, de feito os santiagueses chegaron a poñerse 0-4 na primeira metade. Miguel Piñeiro anotou o tanto da honra. O dianteiro do As Pontes alevín Josiño xogou 10 minutos. Tralo empate a 2-2 en Pontevedra a selección departamental suma un punto na clasificación.
As tres seleccións volverán a xogar o ano que vén, 12 de Xaneiro, nos partidos correspondentes á terceira xornada a disputarse en Lugo.
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
sel-ferrol_santiago
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios