CAMPIONATO DE COPA (Cuartos de Final) 4/5 Maio 2013
Xuntanza, Santaballés, Farmavida e As Pontes 74 son os equipos que disputarán o vindeiro sábado as semifinais de copa de fútbol de veteranos de As Pontes.
Sorprendente foi a eliminación de Mobles Eume, subcampión de liga, por parte de Xuntanza, que quedou sétimo na clasificación. Ó final do tempo regulamentario o resultado foi de empate a dous goles, polo que houbo que ir ós lanzamentos dende o punto de penalti, quenda na que Xuntanza anotou dous por un de Mobles Eume.
Pola súa banda, o campión de liga, Santaballés, goleou (5-0) ó conxunto de A Cepa; o mesmo que fixo Farmavida con Maren (3-0), mentres que na outra eliminatoria, As Pontes 74 impúxose pola mínima (2-1) a La Galaxia.
As semifinais e final dispútanse o vindeiro sábado, 11 de maio.
RESULTADOS CUARTOS DE FINAL
Xuntanza M. Eume (2-2, pen. 2-1) Carlos / Pepe e Manel
Santaballés A Cepa (5-0) Richard (p.p.), Pedro (2), Lozano, Fernando
Farmavida Maren (3-0) Salido, Pita e Jorge
As Pontes 74 La Galaxia (2-1) Paz e Paulino / Oscarín
SEMIFINAIS (11 de maio)
A : As Pontes 74 Farmavida (10,30)
B : Santaballés Xuntanza (11,30)
FINAL (11 de maio, 18,00)
Vencedor A Vencedor B
Nova cortesía de A.F.